60 aniversario Conservatorio de Ourense
60º Aniversario do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
¡Noraboa!
Concerto inaugural, este próximo xoves ás 20.00h no Auditorio do Conservatorio

60º Aniversario do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
¡Noraboa!
Concerto inaugural, este próximo xoves ás 20.00h no Auditorio do Conservatorio

Celebrarase en Santiago entre os días 16 e 19 de marzo. Información aquí
O día 4 de decembro, dentro da programación das IV Xornadas de Órgano, asistiremos a un concerto da organista Mónica Melkova, na igrexa de Santa Eufemia. Aquí tedes a biografía da organista:
Melkova-BiografiaTamén, á vosa disposición, o programa que interpretará:
Melkova-Programa
Xa temos o cartel definitivo das IV Xornadas de Órgano.
Cartel-IV-Xornadas
Semana do 14 ao 22 de febreiro do 2014.
Varios espazos. Entrada libre
“O Conservatorio Profesional de Santiago quere poñer en valor un instrumento marabilloso, que forma parte do valioso patrimonio galego, e especialmente da cidade de Santiago de Compostela.
Nestas xornadas queremos amosar o órgano desde distintas perspectivas: non so o escoitaremos, senón que realizaremos unha viaxe ao seu interior. As xornadas comezan cun Concerto Didáctico presentado por Marisol Mendive na Capella da Universidade, Concerto de Música Acordada e órgano solista, continúa con visitas guiadas aos órganos da Igrexa das Ánimas, Capella da Universidade e Catedral, conferencias por sobre o órgano por Miguel A. López e Fernando Buide e remata cun Concerto para órgano solo por alumnado do Conservatorio de Ourense. Todo elo compleméntase cunha Exposición fotográfica de órganos no CMUS de Santiago.
Colaboran: Vicerreitoria de Estudantes, Cultura e Formación contínua, Catedral de Santiago, Consorcio de Santiago, CMUS de Ourense, Asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo, Marisol Mendive, Música Acordada, Coro de Amigos do CMUS, Coro de voces brancas do centro e EDLG.”
A pequena vila de Xunqueira de Ambía foi golpeada polo accidente ferroviario de Santiago de Compostela, perdendo a vida nel dúas mozas desta localidade. O Ciclo de órgano únese á dor das vítimas, e a música servirá de pequena homenaxe.

Faleceu unha grande organista: Marie Claire Alain. Despois de gravar varias veces a integral da obra de Bach para órgano, e un repertorio enorme, o Alzheimer levouna. No ceo terana recibido con música de Bach. Gran muller e artista, sentimos a súa perda e agradecemos o seu legado organistico a través das súas numerosas gravacións en grandes órganos históricos europeos.
Desde aquí a nosa pequena homenaxe.
O pasado domingo, na edición impresa de La Voz de Galicia, publicábase unha interesante entrevista a José Luis González Uriol na que fala do estado, do grande valor musical e artístico do órgano ibérico de Xunqueira de Ambía. Tamén trata do tema da responsabilidade dos diferentes estamentos implicados no seu estado actual e sobre como se podería afrontar a súa restauración.

Informamos aos nosos asociados/as que o vindeiro 20 de novembro, ás 19:30 h, na aula de órgano do CMUS de Ourense terá lugar o acto de nomeamento da mesma como Aula Antonio Jaunsarás, organista da Catedral de Ourense desde 1919 ata 1957 e fundador da Coral de Ruada.
Con este propósito o CMUS, dentro da Semana Santa Icía 2012, organiza un acto coa participación de D. Ramón Estévez, Prefecto de Música da Catedral de Ourense, a Coral de Ruada, dirixida por Xoán Antón Vázquez Casas e a organista e profesora de órgano Soledad Mendive. A entrada a este acto é libre ata completar aforo.
Programa
19.30h
Conferencia a cargo de D. José Ramón Estévez. Prefecto de Música da Catedral de Ourense.
“Breve semblanza de D. Antonio Jaunsarás”
20.00h
Actuación da Coral de Ruada. Director: X.A. Vázquez Casas.
Programa
| José Ramón Estévez | Omnia in caritate |
| Antonio Jaunsarás | A cinta de namorare (Arm. A. Jaunsarás) |
| Airiños aires (Arm. A. Jaunsarás) | |
| Cantiga 65 Alfonso X el Sabio: A crecer debemos (Arm. A. Jaunsarás) | |
| Vin de ver ao Neno. (Arm. A. Jaunsarás) | |
| A Belén vinde pastores (Arm. A. Jaunsarás) | |
| Noite de Paz (Arm. A. Jaunsarás) | |
| Adeste Fideles (Arm. A. Jaunsarás |
Soledad Mendive. Órgano
| J.S.Bach (1685-1750 | Tocata e fuga en re menor BWV 56 |
20.30h.
Colocación da placa co nome da Antonio Jaunsarás.
A Asociación de Amigos do Órgano “Un Rato no Tubo” de Ourense convoca o I Concurso de Fotografía coas seguintes:
1. Dos participantes. A convocatoria está dirixida a calquera persoa de calquera nacionalidade que teña a súa residencia en España.
2. Da temática. A temática do concurso está baseada no mundo do órgano, ben dende un punto de vista documental, ben dende un punto de vista artístico e libre.
3. Das obras.
a. O formato das fotografías será como mínimo de 15×21 cm, non existindo límite máximo. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro.
b. O número de fotografías a presentar por participante estará limitada a 3. Os premios non poderán ser acumulativos.
c. As fotografías presentadas a concurso deben de ser orixinais e inéditas, é dicir, que non teñan participado en ningún outro concurso nin ter sido colgadas en ningunha web.
4. Da inscrición.
a. Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto a un pseudónimo que indique ao autor. Nun sobre pechado, co pseudónimo escrito por fora, @ autor/a introducirá os datos persoais (nome e apelidos, NIF, dirección, teléfono e correo electrónico).
b. O prazo de inscrición comeza o domingo 24 de xuño e remata o domingo 30 de setembro de 2012.
c. A dirección de envío é Asociación Cultural Amigos do Órgano “Un rato no tubo” de Ourense, Rúa Celso Emilio Ferreiro nº 2, 2º B, CP: 32004, Ourense.
5. Do xurado. O xurado do concurso estará composto por membros escollidos pola directiva da Asociación de Amigos do Órgano “Un Rato no Tubo”.
6. Da visualización das obras. As obras seleccionadas serán exhibidas nun espazo público a determinar a partires da data límite de inscrición.
7. Dos premios. Entregaranse os seguintes premios.
a. Premio á mellor fotografía documental.
b. Premio a mellor fotografía artística.
Ademais, as fotografías gañadoras empregaranse nos deseños dos carteis e programas das II Xornadas de Órgano que realizará a Asociación no mes de decembro en Ourense.
8. Disposicións finais.
a. As fotografías premiadas pasarán a formar parte do arquivo da Asociación de Amigos do Órgano “Un Rato no Tubo”. O resto das fotografías poderán ser recollidas polos seus autores antes do 31 de decembro de 2012, logo do cal, as non recollidas, serán destruídas.
b. A organización do concurso resérvase o dereito a excluír todos aqueles traballos con contido obsceno, violento, sexista ou ofensivo.
c. A participación no concurso supón a aceptación das bases e do fallo do xurado.