Reportaxe visita a Padrón, Iria Flavia e a Escravitude

O pasado sábado 6 de maio, con motivo do Día Internacional do Órgano, programouse desde a Asociación, unha viaxe para visitar tres órganos :

  • Padrón: visita ao órgano barroco do mosteiro do Carme (non soa).
  • Iria Flavia: visita á parroquia de Iria Flavia e o seu órgano barroco.
  • A Escravitude: visita ao órgano de tubos (non soa)

Tamén, dentro do programa do día, puidemos visitar a casa onde viviu Rosalía de Castro, en Padrón.

A viaxe resultou moi interesante xa que puidemos escoitar o fermoso Órgano da igrexa de Iria Flavia.

Tanto o órgano do convento do Carme como o da Escravitude, levan años abandonados, aínda que foi posible extraer algo de son debido a que funciona un chisco o mecanismo dos foles en ambos instrumentos.

Actividade Visita a Iria Flavia – Padrón – 6 de maio

Queridos amigos:

Na última asemblea xeral do 23 de febreiro, tomouse a decisión de retomar as viaxes para seguir coñecendo o patrimonio organistico de Galicia. En concreto falouse de ir a Padrón, lugar onde viviu os últimos anos da súa vida e faleceu Rosalía de Castro

Alí está o órgano da Igrexa de Iria Flavia, restaurado pola Fundación Fenosa e activo para a liturxia e para os concertos, e dous máis que non soan: o da Escravitude e o do convento da Carmen en Padrón. Ambos de estilo barroco.

Recentemente decatámonos de que desde Francia se impulsa como o día internacional do órgano de tubos o 6 de maio. Por ese motivo decidimos organizar ese día a excursión para coñecer ese tres instrumentos e tamén a casa de Rosalía.

Como xa fixemos outros anos cos órganos de Ribadavia, San Clodio… este ano volvemos facer unha denuncia amable do patrimonio esquecido e abandonado de dous órganos, á vez que gozamos doutro precioso órgano que si que soa, o de Iria Flavia.

O programa sería o seguinte:

PROGRAMA VIAXE ASOCIACIÓN RATONOTUBO

DATA:

Sábado día 6 de maio, día mundial do Órgano

Horario aproximado: de 11.00h a 19.00h

VISITAS:

Visitar os órganos de:

Pola mañá:

· Padrón: visita ao órgano barroco do mosteiro do Carme (non soa)

· Iria Flavia: visita á parroquia de Iria Flavia e ao seu órgano

· A Escravitude: visita ao órgano de tubos (non soa)

Pola tarde (aprox.16,30h)

· Visita á casa de Rosalía de Castro

VIAXE:

En coches particulares. Se alguén necesita coche, que nolo comunique e tentaremos organizar para ir en coches con outras persoas.

Comida:

1º opción: menú pechado de 15.00 € no restaurante do hotel Scala:

– Primeiro prato: ensaladilla rusa

– Segundo prato: polo asado

O prezo inclúe viños, auga e café. Non inclúe cervexas nin refrescos.

Menú infantil co mesmo prezo: Pizza e milanesa de polo con patacas.

2ª opción: tempo libre de 14.30h a 16.30h (aprox) para comer onde cada un queira.

Teléfono de contacto:

Marisol: 669 986 636

ratonotubo@gmail.com

Aberto o prazo até o martes 2 de maio

Órgano da Colexiata de Iria Flavia

O Rato vai de excursión…a Samos!

Como vén sendo habitual, no mes de xuño organizamos unha viaxe cultural para coñecer o patrimonio organístico da nosa terra. A excursión ofrećese aos socios/as, con descontos varios, e a público interesado.

Este ano, a viaxe desenvolverase o sábado 8 de xuño e os destinos serán Samos e Pedrafita do Cebreiro.

Saída: 9:30 h desde o Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

11:30 h: visita guiada ao Mosteiro de Samos, claustro, pintura e órgano. Prezo da visita: 5 € . Socios/as: de balde.

14:30 h: comida no restaurante A Veiga (menú de 13 €, as escoller entre cinco primeiros e cinco segundos, sobremesa, café e bebida incluidos).

Pola tarde: visita a Pedrafita do Cebreiro e ao Órgano da Igrexa de Sta. María A Real (construido por Acitores).

18:00-18:30: saída para Ourense

20:00 – 20:30 h : chegada prevista a Ourense.

Para o desprazamento habería a posibilidade de contar cun autocar se somos un número mínimo de 19 persoas (18 € por persoa) ata 25 persoas (14 € por persoa). En caso de non xuntarnos o número requirido, o desprazamento sería en coche particular.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto coa Asociación antes do venres 31 de maio, indicando se se prefire ou non a viaxe en autocar.

Actividade 8 de xuño – Ribeiro

O pasado 8 de xuño, os socios do Rato no Tubo participaron nunha xornada no Ribeiro.
Foi unha actividade na que se realizou unha homenaxe aos tres socios de honra da Asociación: D. Tomás Camacho, Dona Montserrat Torrent e José Luis González Uriol. Montserrat escusou a súa asistencia, pero agradeceu moito o convite.

A xornada comezou cun xantar, e tamén se aproveitou para visitar os órganos do mosteiro de San Clodio e da Igrexa de Santo Domingo de Ribadavia. O acto final tivo lugar na Adega de Vilerma, onde gozamos da hospitalidade dos seus propietarios, e entregouse un recordo a cada un dos socios de honra, realizado polo pintor celanovés Baldomero Moreiras.
Tamén se presentou o novo logo da asociación, creado polo mesmo pintor.

A continuación podedes ver unha escolma de fotografías da actividade:

Actividades 8 de xuño

Para o vindeiro día 8 de xuño temos previstas as seguintes actividades:

Día 8 de Xuño: Visita aos órganos do Ribeiro e Homenaxe aos nosos Socios de Honra. Só para membros da asociación.

14.00: Comida de confraternización en San Clodio. Apuntarse antes de final de mes.

16.00h Visita ao órgano de San Clodio.

17.30 Visita ao órgano de  Santo Domingo de Ribadavia.

20.00 Visita á bodega de Vilerma; homenaxe aos nosos Socios de Honor (Dª Montserrat Torrent, D. Tomás Camacho e D. José Luis González Uriol, que intentarán asistir), e presentación do Logo Rato no Tubo, de D.Baldomero Moreira.

Independentemente de asistir ou non á comida, necesitaríamos que confirmárades asistencia á actividade, para dar razón en Vilerma do número de persoas que visitaremos a bodega. O desprazamento correrá por conta de cada un, pero, como sempre, podemos compartir vehículo se nos organizamos: quen necesite transporte, que se poña en contacto coa asociación.

Esperamos que as actividades sexan do voso interese e vos animedes a participar.

Reportaxe fotográfica Ribeiro 2012

O pasado 24 de xuño a nosa asociación organizou unha visita aos órganos do Ribeiro. Os asistentes puidemos comprobar in situ o lamentable estado dos órganos desta bisbarra tan agarimosa. A visita rematou nas adegas Viña Costeira onde coñecimos as últimas tecnoloxías empregadas na elaboración dos caldos desta empresa que tanto colabora connosco.

Nova actividade: Órganos en O Ribeiro

O vindeiro domingo, 24 de xuño de 2012, terá lugar unha actividade da nosa asociación, enfocada a coñecer algúns dos instrumentos do patrimonio organístico de Ourense, concretamente dna bisbarra de O Ribeiro, que, nestes intres non están en uso polo seu deterioro e a denunciar o seu estado actual. Ademais realizaremos unha visita ás instalacións de Viña Costeira.

Poderán asistir asociados e público en xeral.

Programa:

17.00h. Encontro no Mosteiro de San Clodio. Cómo chegar desde o Parque de San Lázaro.
18.00h. Visita ao órgano de Santo Domingo en Ribadavia.
19.00h. Visita a Viña Costeira, presentación do “I Concurso de fotografía Un Rato No Tubo” e cata de viños.
Inquilino especial