El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

A Asociación Amigos do Órgano “Un rato no tubo” constitúese en Ourense o 19 de outubro de 2010 coa finalidade principal de achegar o mundo do órgano de tubos, dun xeito atractivo e dinámico, a todo tipo de públicos. Este libro, El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural, escrito por Marisol Mendive, é un testemuño do traballo desenvolvido pola Asociación durante estes anos, tanto na cidade como na provincia. Na actualidade, é a única asociación dedicada a este instrumento en toda a Comunidade galega.

A autora deste libro, Marisol Mendive, organista, concertista e presidenta da Asociación, exerceu a súa actividade como profesora deste instrumento durante 17 anos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Este libro recolle o testemuño dunha pequena asociación cuxa finalidade principal é chamar a atención e amosar a beleza construtiva e sonora dun instrumento ancorado nos nosos templos, cuxa versatilidade no son quedou no imaxinario colectivo como algo fermoso e afastado, potente e delicado á vez. Referímonos ao órgano de tubos. Instrumento complexo e descoñecido que, cando se escoita, incita a soñar, a evadirse da realidade e a imaxinar outros mundos posibles de paz, tranquilidade e tamén de poder e forza.

El mundo del órgano

Descarga en formato pdf: Libro El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive

Curso de verán Sinergias entre el Derecho y la Música II

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O curso de verán “Sinergias entre el derecho y la música II, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) terá lugar os días 16, 17 e 18 de xullo de 2025 no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC. Haberá tamén un taller musical e un concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive, no órgano da Igrexa da Universidade.

A matrícula estará aberta ata o 4 de xullo. O curso é de 20 h e concede 1 crédito ECTS.

Información sobre a matrícula:
poster-sinergias

Programa completo do curso (3 páxinas):
programa2_sinergias_2025

As liberdades de creación e interpretación: sinerxías entre o Dereito e a Música

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Os vindeiros días 26, 27 e 28 de xuño celebrarase o curso de verán «As liberdades de creación e interpretación: sinerxías entre o Dereito e a Música», en Santiago de Compostela, entre a Igrexa da Universidade e a Facultade de Dereito. Nel participaremos varias integrantes da asociación, explicando brevemente a historia do órgano, algunhas formas de interpretación, diferentes estilos musicais… Ademais, a nosa presidenta Marisol Mendive, explicará o funcionamento do órgano e ofrecerá un concerto o día 27 ás 19h. No curso tamén haberá espazo para o debate e a posta en común de ideas artísticas e xurídicas, contando con ponentes tanto do mundo musical (como o musicólogo Carlos Villanueva ou o compositor Joam Trillo) como do xurídico (coa exmaxistrada do Tribunal Constitucional Encarna Roca Trías ou os profesores Jesús Delgado e María Paz García Rubio), entre outros.

A información do Curso está publicada na web da Universidade de verán de Santiago de Compostela, á que podedes acceder a través do cartel en anexo ou a través desta ligazón: https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/libertades-creacion-interpretacion-sinergias-derecho-musica-13699 A cota de inscrición reducida é de 40 euros (para estudantes, xubilados, desempregados, membros da Universidade de Santiago…) e a cota xeral é de 70 euros.

Cartel PDF Curso Música e Dereito_galego Programa PDF Curso Música y Derecho

Concerto homenaxe en lembranza de Antón Abilleira e Mons. José Álvarez – Igrexa de Fátima

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O vindeiro mércores, 15 de maio, na parroquia de Fátima (O Couto), ás 19:30 h,  terá lugar un concerto de órgano en homenaxe a quen foi párroco durante moitos anos, Mons. José Álvarez, e ao organista titular da parroquia, Antón Abilleira, que faleceron hai 25 anos. O labor destas dúas persoas en favor do órgano e do seu emprego na liturxia habitual foi encomiable. Por iso, a nosa asociación quere colaborar, xunto coa parroquia, neste evento e, Irma Fernández (organista do Santuario) e Marisol Mendive darán ese concerto, xunto co organista Juan José Rumbao.

PROGRAMA:
Programa Abelleira 2

Historia del órgano español. Las mil y una claves de su evolución (888-1888) – Fernando Gonzalo Azpeitia

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Fernando Gonzalo Azpeitia, químico, profesor de secundaria, titulado superior en piano e órgano e concertista publicou o libro Historia del órgano español. Las mil y una claves de su evolución (888-1888), que ofrece en descarga de balde premendo nas ligazóns que ofrecemos neste artigo.

O autor amósanos as diferentes evolucións do órgano en Castela e Aragón ao longo do período estudado nun libro cun enfoque moi didáctico, xa que cada novo termo propio do mundo organístico que vai aparecendo é explicado de xeito sinxelo. Abundan as ilustracións e fotografías. 

Ligazón a unha versión de calidade de imaxes aceptable.

Ligazón a unha versión con imaxes de grande calidade.

Asemblea Xeral Anual Ordinaria 2024

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

De acordo cos Estatutos da Asociación, convócase ás persoas asociadas á Asemblea Xeral Anual Ordinaria da Asociación Cultural de Amigos do Órgano Un Rato no Tubo que terá lugar o mércores 6 de marzo, ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20.00 h. en segunda convocatoria, na Sala de Tertulia do Liceo de Ourense, (entrando ao fondo),  Rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, para informar, deliberar e adoptar os acordos que procedan, con arreglo á seguinte orde do día:

Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria Anual

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Memoria anual
  3. Estado de contas
  4. Próximas actividades
  5. Propostas das persoas asociadas
  6. Rogos e preguntas

Feliz 2023!

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Con esta ilustración realizada polo alumnado de 5ºC do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago, desexámoslles un FELIZ 2023!

Atentos/as ás novidades deste ano…

II Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O II Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas celebrouse en Burgos na fin de semana do 10 ao 11 de outubro na Catedral de Burgos. O certame enmarcouse nas conmemoracións do 800 aniversario que a catedral burgalesa cumplirá en 2021.

O concurso foi coordinado polo organista burgalés Diego Crespo. O xurado foi presidido por Juan de la Rubia, organista titular da Sagrada Familia de Barcelona e profesor da Escola de Música Superior de Cataluña e contou coa participación de organistas e preofesores de prestixio como Andrés Cea Galán, Loreto Fernández Imaz, Marco Brescia, Diego Crespo e o organeiro Óscar Laguna de la Mata.

Presentáronse ao concurso os xóvenes organistas Víctor Manuel Baena de la Torre, Ana Mínguez Abad, Íñigo de Peque Leoz, Aarón Ribas Zorrilla e Joan Seguí Mercadal. Os concursantes tiñan que interpretar dous repertorios axeitados a dous órganos que hai no templo: no órgano ibérico da Capela de San Enrique e no órgano romántico Cavaillé-Coll de 1903.

O gañador foi Joan Seguí Mercadal.

Vídeo do concerto celebrado o día 10 de outubro no órgano ibérico:

 

Vídeo do concerto celebrado o 11 de outubro no órgano Cavaillé-Coll:

Concerto de clausura do XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Concierto de clausura: selección de titulados de Órgano do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Galicia.
Alejandra Escolante Mujico, Irma Fernández Alonso, María José Mosquera Seoane, Julia Ammerman Yebra e Adrián Regueiro García.
Estrea absoluta da obra: Luminiscencia, composta por Juan Manuel Vázquez e interpretada por Irma Fernández.
Domingo 8 de setembro. 20.00h
Entrada libre

XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Veñen de seren editados os cartaces do XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía que se celebrarán entre os días 18 de agosto e 8 de setembro.

Tamén se organiza unha exposición de pintura, escultura, grabados e fotos titulada “Órgano, música e natureza”.