XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Veñen de seren editados os cartaces do XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía que se celebrarán entre os días 18 de agosto e 8 de setembro.

Tamén se organiza unha exposición de pintura, escultura, grabados e fotos titulada “Órgano, música e natureza”.

Concerto de Fin de grao de David Maceira

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

David Maceira, alumno de órgano do CMUS de Ourense, dará o concerto de fin de grao o vindeiro sábado 13 de xuño, ás 20:30, na Concatedral de Vigo.

Nesta ligazón poden descargar o programa do concerto e o currículo do xoven organista.

De lugares e órganos – Santiago de Compostela

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Desde o día 11 ata o 20 de abril celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición do ciclo de actividades “De lugares e órgano“. Cos órganos da capital galega como protagonistas, o ciclo de actividades, ademais de concertos, inclúe proxeccións cinematográficas, exposicións, conversas e encontros con artistas e expertos e itinerarios guiados sobre o patrimonio.

Poden obter máis información aquí.

I Jornadas de Música Española para Órgano en el siglo XIX

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Os días 7, 8 e 9 de febreiro celebraranse en Valladolid as I Jornadas de Música Española para Órgano en el siglo XIX. O propósito das mesmas é mostrar as últimas investigacións musicolóxicas sobre a música do XIX en España para rachar co tópico de que a pouca música que se compuxo para órgano entre 1800 e 1900 carecía de orixinalidade e calidade.

Para máis información consultar a web das xornadas.

Asemblea anual ordinaria

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

A xunta directiva da Asociación Cultural de Amigos do Órgano “Un Rato No Tubo”, convoca a todos os seus asociados e asociadas, á Asemblea Anual Ordinaria, que terá lugar o día 30 de Xaneiro de 2019, ás 20.00 h. en primeira convocatoria, e ás 20.30 h. en segunda convocatoria, no Liceo de Ourense.

A orde do día é a seguinte:

  • Memoria anual.
  • Estado de contas.
  • Próximas actividades
  • Propostas dos socios. (Pregamos que se nos faga chegar calquera suxestión o proposta de actividades do seu interese se non puideran asisitir á asemblea).
  • Rogos e preguntas.

Agardamos a asistencia e participación.

Charla-coloquio con Saskia Roures

O vindeiro venres, 26 de outubro, ás 18:15 h terá lugar no CMUS de Ourense, na aula Antonio Jaunsarás, unha charla-coloquio coa organista Saskia Roures, profesora de órgano do CSMA.

Esta actividade pertence ás VIII Xornadas de Órgano “Cidade de Ourense” organizadas pola asociación Un rato no tubo coa colaboración do CMUS de Ourense. Entrada libre.

Concerto na catedral de Tui

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O próximo sábado día 6 de xuño, ás 20:00 h, terá lugar un concerto de órgano na catedral de Tui.

Os alumnos de órgano do Conservatorio Profesional de música de Ourense, ofrecerán un concerto con obras de J.S.Bach, J. Alain, Guilmant, Th. Dubois y C.Franck.
A entrada é libre

Xunqueira de Ambía: XXVIII ciclo de órgano e música antiga

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O próximo domingo, 20 de agosto, comezará, un ano máis, o ciclo de Órgano e música antiga de Xunqueira de Ambía, que chega á súa XXVIII edición.

Como en anos anteriores, celebrarase na Colexiata de Santa María a Real, ás 20:00 horas. Os conciertos seguintes serán os domingos 27 de agosto e 3 de septiembre.