Por que asociarse?

Asociarse a “Un rato no tubo” implica participar plenamente na consecución dos fins e obxectivos que a nosa asociación pretende conseguir.

As actividades nas que os socios/as poderán participar serán:

  • Conferencias nas que se proxectarán as partes do instrumento e o seu funcionamento.
  • Viaxes e roteiros culturais aos lugares onde se atopan os instrumentos para coñecelos “in situ” e visitar os enclaves artísticos (mosteiros, igresas, etc) nos que están situados. Non nos esqueceremos da gastronomía e folclore da zona.
  • Intercambios con outras asociacións nacionales e internacionais para coñecer outros instrumentos históricos de importancia cultural.
  • Visitas a talleres de Organería de España e Portugal para ver de primeira man a construción ou restauración dun órgano.
  • Concertos didácticos onde se expliquen a orixe das obras, os compositores e, a través de musicogramas sinxelos, a explicación da forma e como se desenvolve, así como a arte da rexistración empregada.
  • Ciclos de concertos de órgano nalgúns dos instrumentos más útiles da provincia con presencia de organistas nacionais e internacionais.
  • Concertos de órgano con outros instrumentos como: gaita, voz, trompeta, oboe, percusión…
  • Concertos didácticos para escolares nos que o alumnado interactúen co instrumento participando no concerto.
  • Crear un sitio web que facilite a comunicación e o intercambio de ideas, opinións e información entre os asociados e que sexa unha mostra da actividade da asociación.
  • Organización de cursos de iniciación e perfeccionamento de organistas.

O encontro con José Luis González Uriol, na prensa

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Hemeroteca

O Encuentro con José Luis González Uriol, o pasado mércores 29 de febreiro de 2012, no Liceo Recreo Orensano, resultou moi interesante.

Contouns a orixe da súa vocación polo órgano, o seu traballo na Institución Fernando El Católico, a organización dos cursos de música antiga de Daroca e animou aos membros da asociación a seguir perseverando no afán por difundir e revalorizar o patrimonio organístico ourensán.

Reseña en La Región do día 1-03-2012

Imaxe do encontro con José Luis González Uriol en la prensa

O concerto-presentación na prensa

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Hemeroteca

O concerto-presentación da asociación que se celebrou o pasado 10 de febreiro na Igrexa de Santa Eufemia de Ourense tivo a seguinte repercusión na prensa local.

Prensa - Concierto - presentación

 

concierto - presentación - prensa

A rolda de prensa, nos medios

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Hemeroteca

A rolda de prensa do concerto de presentación da nosa asociación tivo este eco nos medios de prensa locais.

En La Región
La Región

Rolda de prensa

Rueda de prensa

Asociación Cultural de Amigos del Órgano Un rato no tubo

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Presentación

A Asociación Cultural de Amigos do Órgano Un rato no tubo nace co propósito de converterse nun elemento dinamizador para a sensibilización da cidadanía en valores como a conservación, o coñecemento, a protección e a restauración do patrimonio organístico de Ourense.

Propoñémonos dar a coñecer o instrumento en si: o seu funcionamento, a súa evolución a través da historia; os principais compositores nacionais e internacionais, as formas musicais creadas para el, de onde veñen, como e con quen nacen. Coñecer os órganos da provincia, uns en activo e outros dos que só quedan restos, pero dentro do seu contexto artístico como un elemento patrimonial máis dentro do conxunto histórico e monumental.

Tamén pretendemos potenciar a interpretación e a audición da música de órgano, colaborar coa formación inicial e o perfeccionamento do organista e fomentar a creación de música contemporánea para órgano. A cooperación co profesorado de música, tanto de niveis obrigatorios como non obrigatorios, para conseguir unha formación musical o máis completa posible, é elemento salientable dentro dos obxectivos desta asociación.

No ano 2004, foi creada a especialidade de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Grazas ao labor realizado pola profesora Marisol Mendive durante estes anos, un grupo de alumnos e alumnas e persoas interesadas no órgano e a súa música tomamos, en outubre de 2010, a decisión de dar un paso máis e de constituírnos en asociación cultural que nos permitirá, coa colaboración de todos, compartir estes fins e avanzar na súa consecución.