Concerto en Guimaraes do grupo Olladas – 24 outubro 2026

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O sábado 24 de outubro de 2026 terá lugar un concerto de órgano a cargo de grupo Olladas na Colegiada Igrexa de Nosa Señora de Oliveira de Guimarães (Portugal) ás 17 h (hora portuguesa) con entrada libre e de balde.

O concerto titúlase “Um jardim de sons” e nel, o grupo Olladas, un grupo de organistas tituladas en Órgano polo Conservatorio Profesional de Música de Ourense que obtiveron o seu título nos anos que Marisol Mendive impartiu clases de órgano, de 2004 a 2021, estará formado por Irma Fernández, Julia Ammerman, Alejandra Escolante, Rosa Mª Vicente e a propia Marisol Mendive.

Programa:

 

Cartaz:

O órgano de Nosa Señora de Oliveira en Guimarães:

 

 

Curso de verán Sinergias entre el Derecho y la Música III

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Actividades

O curso de verán “Sinergias entre el Derecho y la Música III“, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración da nosa asociación, terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo de 2026 na Facultade de Dereito da USC. Haberá tamén un taller musical e un concerto de órgano e outros instrumentos a cargo de Marisol Mendive e Paulo Bernardino, no órgano da Igrexa da Universidade.

A matrícula estará aberta ata o 19 de xuño. O curso é de 20 h e concede 1 crédito ECTS.

Programa completo do curso (3 páxinas):

BachCompostela – Integral da obra de J.S.Bach por Juan de la Rubia

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

BachCompostela é un ciclo de 21 concertos de órgano na Catedral de Santiago que, desde outubro de 2026 a decembro de 2028, os segundos xoves de cada mes, mostrará a obra integral para este instrumento de J.S.Bach a cargo do organista Juan de la Rubia.

Este proxecto  coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo. 

O ciclo está organizado pola Catedral de Santiago coa colaboración do Palau de la Música Orfeó Catalá.

Concerto de órgano do grupo Olladas

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O vindeiro sábado, 27 de setembro, ás 20:15 h. na igrexa de Santa Eufemia do Centro terá lugar un concerto de órgano a cargo de organistas que forman o grupo Olladas: Julia Ammerman, Alejandra Escolante, Irma Fernández, Marisol Mendive, Nicolás Varela e Rosa Mª Vicente.

Entrada de balde.

PROGRAMA:

El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

A Asociación Amigos do Órgano “Un rato no tubo” constitúese en Ourense o 19 de outubro de 2010 coa finalidade principal de achegar o mundo do órgano de tubos, dun xeito atractivo e dinámico, a todo tipo de públicos. Este libro, El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural, escrito por Marisol Mendive, é un testemuño do traballo desenvolvido pola Asociación durante estes anos, tanto na cidade como na provincia. Na actualidade, é a única asociación dedicada a este instrumento en toda a Comunidade galega.

A autora deste libro, Marisol Mendive, organista, concertista e presidenta da Asociación, exerceu a súa actividade como profesora deste instrumento durante 17 anos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Este libro recolle o testemuño dunha pequena asociación cuxa finalidade principal é chamar a atención e amosar a beleza construtiva e sonora dun instrumento ancorado nos nosos templos, cuxa versatilidade no son quedou no imaxinario colectivo como algo fermoso e afastado, potente e delicado á vez. Referímonos ao órgano de tubos. Instrumento complexo e descoñecido que, cando se escoita, incita a soñar, a evadirse da realidade e a imaxinar outros mundos posibles de paz, tranquilidade e tamén de poder e forza.

Descarga en formato pdf: Libro El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive

Curso de verán Sinergias entre el Derecho y la Música II

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O curso de verán “Sinergias entre el derecho y la música II“, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) terá lugar os días 16, 17 e 18 de xullo de 2025 no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC. Haberá tamén un taller musical e un concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive, no órgano da Igrexa da Universidade.

A matrícula estará aberta ata o 4 de xullo. O curso é de 20 h e concede 1 crédito ECTS.

Información sobre a matrícula:

Programa completo do curso (3 páxinas):

As liberdades de creación e interpretación: sinerxías entre o Dereito e a Música

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Os vindeiros días 26, 27 e 28 de xuño celebrarase o curso de verán «As liberdades de creación e interpretación: sinerxías entre o Dereito e a Música», en Santiago de Compostela, entre a Igrexa da Universidade e a Facultade de Dereito. Nel participaremos varias integrantes da asociación, explicando brevemente a historia do órgano, algunhas formas de interpretación, diferentes estilos musicais… Ademais, a nosa presidenta Marisol Mendive, explicará o funcionamento do órgano e ofrecerá un concerto o día 27 ás 19h. No curso tamén haberá espazo para o debate e a posta en común de ideas artísticas e xurídicas, contando con ponentes tanto do mundo musical (como o musicólogo Carlos Villanueva ou o compositor Joam Trillo) como do xurídico (coa exmaxistrada do Tribunal Constitucional Encarna Roca Trías ou os profesores Jesús Delgado e María Paz García Rubio), entre outros.

A información do Curso está publicada na web da Universidade de verán de Santiago de Compostela, á que podedes acceder a través do cartel en anexo ou a través desta ligazón: https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/libertades-creacion-interpretacion-sinergias-derecho-musica-13699 A cota de inscrición reducida é de 40 euros (para estudantes, xubilados, desempregados, membros da Universidade de Santiago…) e a cota xeral é de 70 euros.