A xunta directiva da Asociación Cultural de Amigos do Órgano “Un Rato No Tubo”, convoca a todos os seus asociados e asociadas, á Asemblea Anual Ordinaria, que terá lugar o día 30 de Xaneiro de 2019, ás 20.00 h. en primeira convocatoria, e ás 20.30 h. en segunda convocatoria, no Liceo de Ourense.
A orde do día é a seguinte:
- Memoria anual.
- Estado de contas.
- Próximas actividades
- Propostas dos socios. (Pregamos que se nos faga chegar calquera suxestión o proposta de actividades do seu interese se non puideran asisitir á asemblea).
- Rogos e preguntas.
Agardamos a asistencia e participación.