Concierto de Ignace Michiels – IX Xornadas de órgano Cidade de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Conciertos

Este próximo sábado 9 de noviembre, comenzarán las IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense con un concierto en la Parroquia de Fátima de la ciudad de Ourense.
El organista internacional Ignace Michiels, Titular del Órgano de la Catedral de Brujas, Bélgica, interpretará obras de Purcel, Bach, Mendelshonn, Bossi,Stamm y Dubois, Hollins y Ralph-Driffil.
Ignace Michiels es un gran interprete que con toda seguridad nos ofrecerá un concierto difícil de olvidar.
El concierto será a las 20.00h y la entrada es libre.

Concerto de órgano de Ignace Michiels – IX Xornadas de órgano Cidade de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

Este próximo sábado 9 de novembro, comezarán as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense cun concerto na Parroquia de Fátima da cidade de Ourense.
O organista internacional Ignace Michiels, Titular do Órgano da Catedral de Bruxas, Bélxica, interpretará obras de Purcell, Bach, Mendelshonn, Bossi, Stamm e Dubois, Hollins e Ralph-Driffil.
Ignace Michiels é un gran interprete que con toda seguridade ofreceranos un concerto difícil de esquecer. O concerto será ás 20.00 h e a entrada é libre.

IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Sen categoría

Durante o mes de novembro terán lugar as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense, organizadas pola Asociación Cultural Amigos do Órgano “Un rato no tubo” de Ourense. Os actos previstos son os seguintes:

  • Día 9 de novembro: Concerto de Órgano de Ignace Michiels, organista da Catedral de Bruxas (Bélxica) no órgano da Igrexa de Fátima.
  • Día 21 de novembro: Conferencia “O Órgano de Celanova: música para todos” a cargo de profesoras de música e órgano pertencentes á asociación, no Liceo Recreo Ourensán.
  • Día 23 de novembro: IV Pequenas xornadas de órgano, na Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celenova.
  • Día 30 de novembro: Visita ao órgano da Igrexa de Santo Ángel (Ourense) e Vermoucho na cervexaría O Moucho.

Aquí, o cartel:

 

Concerto de clausura do XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Concierto de clausura: selección de titulados de Órgano do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Galicia.
Alejandra Escolante Mujico, Irma Fernández Alonso, María José Mosquera Seoane, Julia Ammerman Yebra e Adrián Regueiro García.
Estrea absoluta da obra: Luminiscencia, composta por Juan Manuel Vázquez e interpretada por Irma Fernández.
Domingo 8 de setembro. 20.00h
Entrada libre

XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Veñen de seren editados os cartaces do XXX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía que se celebrarán entre os días 18 de agosto e 8 de setembro.

Tamén se organiza unha exposición de pintura, escultura, grabados e fotos titulada “Órgano, música e natureza”.

Concerto de Fin de grao de David Maceira

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

David Maceira, alumno de órgano do CMUS de Ourense, dará o concerto de fin de grao o vindeiro sábado 13 de xuño, ás 20:30, na Concatedral de Vigo.

Nesta ligazón poden descargar o programa do concerto e o currículo do xoven organista.