O pasado sábado 6 de maio, con motivo do Día Internacional do Órgano, programouse desde a Asociación, unha viaxe para visitar tres órganos :
- Padrón: visita ao órgano barroco do mosteiro do Carme (non soa).
- Iria Flavia: visita á parroquia de Iria Flavia e o seu órgano barroco.
- A Escravitude: visita ao órgano de tubos (non soa)
Tamén, dentro do programa do día, puidemos visitar a casa onde viviu Rosalía de Castro, en Padrón.
A viaxe resultou moi interesante xa que puidemos escoitar o fermoso Órgano da igrexa de Iria Flavia.
Tanto o órgano do convento do Carme como o da Escravitude, levan años abandonados, aínda que foi posible extraer algo de son debido a que funciona un chisco o mecanismo dos foles en ambos instrumentos.