A aula do CMUS de Ourense chamarase Aula Antonio Jaunsarás

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Informamos aos nosos asociados/as que o vindeiro 20 de novembro, ás 19:30 h, na aula de órgano do CMUS de Ourense terá lugar o acto de nomeamento da mesma como Aula Antonio Jaunsarás, organista da Catedral de Ourense desde 1919 ata 1957 e fundador da Coral de Ruada.

Con este propósito o CMUS, dentro da Semana Santa Icía 2012, organiza un acto coa participación de D. Ramón Estévez, Prefecto de Música da Catedral de Ourense, a Coral de Ruada, dirixida por Xoán Antón Vázquez Casas e a organista e profesora de órgano Soledad Mendive. A entrada a este acto é libre ata completar aforo.

Programa

19.30h

Conferencia a cargo de D. José Ramón Estévez. Prefecto de Música da Catedral de Ourense.

“Breve semblanza de D. Antonio Jaunsarás”

20.00h

Actuación da Coral de Ruada. Director: X.A. Vázquez Casas.

Programa

José Ramón Estévez Omnia in caritate
Antonio Jaunsarás A cinta de namorare (Arm. A. Jaunsarás)
Airiños aires (Arm. A. Jaunsarás)
Cantiga 65 Alfonso X el Sabio: A crecer debemos (Arm. A. Jaunsarás)
Vin de ver ao Neno. (Arm. A. Jaunsarás)
A Belén vinde pastores (Arm. A. Jaunsarás)
Noite de Paz (Arm. A. Jaunsarás)
Adeste Fideles (Arm. A. Jaunsarás

Soledad Mendive. Órgano

J.S.Bach (1685-1750 Tocata e fuga en re menor BWV 56

20.30h.

Colocación da placa co nome da Antonio Jaunsarás.