Imaxes dos órganos da Catedral de Braga
A continuación podemos ver dúas imaxes dos fermosos órganos da Catedral de Braga, que poderemos coñecer na nosa próxima viaxe cultural. Non perder esta oportunidade!

A continuación podemos ver dúas imaxes dos fermosos órganos da Catedral de Braga, que poderemos coñecer na nosa próxima viaxe cultural. Non perder esta oportunidade!

O vindeiro sábado 6 de outubro de 2018 terán lugar, no coro alto do Mosteiro de San Salvador de Celanova, as IV Pequenas Xornadas de Órgano “Cantos en tubos“, organizadas pola Asociación de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez.
Rosa Mª Vicente, mestra e doutora en materiais didácticos e musicais en Ed. Infantil, e Marisol Mendive, organista e profesora de órgano do CMUS de Ourense, desenvolverán unha sesión musical destinada a nenas e nenos con cancións infantís galegas musicalizadas e contextualizadas a través do órgano de tubos.
A entrada é gratuita.
Desexamos que disfruten, a rapazada e os maiores, duns intres cheos de ledicia acompañados polos agarimosos sons do fermoso órgano de Celanova. Agardámosvos!

Dentro das II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense, o vindeiro venres día 30 de novembro, ás 20:30 h, con entrada libre, no órgano da Igrexa de Santa Eufemia do Centro, a organista portuguesa Edite Roche interpretará un concerto co seguinte programa:
|
Luis de Freitas Branco (1890-1955) |
Duas Peças para Órgão: I – Chant religieux portugais II – Aria |
|
Luiz Wetterlé (1888-) |
Pendant l’Offertoire (Allegretto)
|
|
Alberto Nepomuceno (1864-1920) |
Prelude et Fugue Offertoire |
|
Calimerio Soares (1944-2011) |
Toccata Breve (1980) |
|
César Franck (1822-1890) |
Pastorale op. 19 Choral nº. 3 |
Currículum de Edite Rocha:
O vindeiro venres 1 de marzo, festividade de San Rosendo, patrón da Vila de Celanova, terá lugar un concerto de Gregoriano e Órgano no coro alto do Mosteiro ás 18.30 h.
Os intérpretes son:
Schola Gregoriana Lucensis e Marisol Mendive: Órgano
A entrada é libre.

CONCERTO DE GREGORIANO E ÓRGANO
Schola Gregoriana Lucensis
Marisol Mendive: Órgano
CORO ALTO MOSTEIRO DE SAN ROSENDO. CELANOVA
Venres 1 de Marzo 2013,
Hora: 18.30h.
Entrada libre
PROGRAMA
Schola Gregoriana Lucensis
Pezas gregorianas:
Marisol Mendive: Órgano
D. Buxtehude (1637-1707)
J.S.Bach ( 1685-1750)
D. Buxtehude (1637-1707)
Schola Gregoriana Lucensis
G. F. Haendel (1685-1759)
G. de Marzi (1958)
G.Verdi (1813-1901)
J.S.Bach ( 1685-1750)
Na seguinte ligazón podedes atopar moitas fotos da actividade que fixemos en Santiago no mes de febreiro.
Foi un concerto de intercambio de alumnos de órgano, dos Conservatorios de Ourense e Oporto, dentro das primeiras Xornadas de örgano “Mariano Tafall”, organizadas polo Conservatorio de Santiago de Compostela.
INFORMACIÓN XERAL
Próxima actividade: Excursión a Oporto. Data: 29 de marzo, sábado. A actividade, organizada por Paulo Alvim, organista e profesor do Conservatorio de Porto, consiste nun concerto de órgano do alumnado de Ourense e Porto ás 12.30 (hora portuguesa) en Cedofeita
Pode asistir calquera persoa, aínda que non pertenza á Asociación.
Inicialmente a planificación das actividades remata ás 18.00
A data límite de confirmación será o 14 de marzo. A pesares de non ser unha actividade organizada pola Asociación informámoslles tamén, por se é do seu interese, de que se celebrará un concerto de alumnado de órgano do Conservatorio de Ourense na Catedral de Santiago o día 22 de febreiro ás 20.45 h., con entrada libre.
A continuación podedes ver algunhas fotografías do concerto de Mónica Melkova, o pasado 4 de decembro.
Outra vista xeral (dende o coro)
Informamos que o sábado 16 de maio terá lugar unha viaxe organizada pola nosa Asociación, visitando a cidade de Braga para coñecer algúns órganos da cidade; sobre todo, visitaranse os órganos do Coro da Catedral de Braga.
Dous instrumentos belos que non se visitan. Será pois unha ocasión única.
A data tope para apuntarse é o xoves 7 de maio, xa que é necesario saber o número de asistentes para a organización das visitas e a comida.
O transporte será por conta de cada un, aínda que se unificarán coches dispoñibles.
A comida será conxunta e irá tamén por conta de cada un.
A hora de inicio será ás 11.h (España), 10.00 en Portugal, e o punto de encontro confirmarase aos asistentes.
A actividade remata a media tarde.
Pódese comunicar a través do email da asociacion: ratonotubo@gmail.com.
Tamén se pode pedir información chamando ao teléfono 669 986 636.
Será unha viaxe fantástica. Non cho perdas!!!
A continuación podedes ver algunhas fotografías da estupenda viaxe a Braga, o pasado 16 de maio.