IV Pequenas xornadas de órgano 2018 – Cantos en tubos

O vindeiro sábado 6 de outubro de 2018 terán lugar, no coro alto do Mosteiro de San Salvador de Celanova, as IV Pequenas Xornadas de Órgano “Cantos en tubos, organizadas pola Asociación de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez.

Rosa Mª Vicente, mestra e doutora en materiais didácticos e musicais en Ed. Infantil, e Marisol Mendive, organista e profesora de órgano do CMUS de Ourense, desenvolverán unha sesión musical destinada a nenas e nenos con cancións infantís galegas musicalizadas e contextualizadas a través do órgano de tubos.

A entrada é gratuita.

Desexamos que disfruten, a rapazada e os maiores, duns intres cheos de ledicia acompañados polos agarimosos sons do fermoso órgano de Celanova. Agardámosvos!