Información para o primeiro trimestre (modificación)

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

INFORMACIÓN XERAL

Próxima actividade: Excursión a Oporto. Data: 29 de marzo, sábado. A actividade, organizada por Paulo Alvim, organista e profesor do Conservatorio de Porto, consiste nun concerto de órgano do alumnado de Ourense e Porto ás 12.30 (hora portuguesa) en Cedofeita

Pode asistir calquera persoa, aínda que non pertenza á Asociación.

Inicialmente a planificación das actividades remata ás 18.00
A data límite de confirmación será o 14 de marzo. A pesares de non ser unha actividade organizada pola Asociación informámoslles tamén, por se é do seu interese, de que se celebrará un concerto de alumnado de órgano do Conservatorio de Ourense na Catedral de Santiago o día 22 de febreiro ás 20.45 h., con entrada libre.

Viaxe a Braga

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

Informamos que o sábado 16 de maio terá lugar unha viaxe organizada pola nosa Asociación, visitando a cidade de Braga para coñecer algúns órganos da cidade; sobre todo, visitaranse os órganos do Coro da Catedral de Braga.
Dous instrumentos belos que non se visitan. Será pois unha ocasión única.
A data tope para apuntarse é o xoves 7 de maio, xa que é necesario saber o número de asistentes para a organización das visitas e a comida.
O transporte será por conta de cada un, aínda que se unificarán coches dispoñibles.
A comida será conxunta e irá tamén por conta de cada un.

A hora de inicio será ás 11.h (España), 10.00 en Portugal, e o punto de encontro confirmarase aos asistentes.
A actividade remata a media tarde.
Pódese comunicar a través do email da asociacion: ratonotubo@gmail.com.
Tamén se pode pedir información chamando ao teléfono 669 986 636.
Será unha viaxe fantástica. Non cho perdas!!!

Fotografías da viaxe a Braga

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

A continuación podedes ver algunhas fotografías da estupenda viaxe a Braga, o pasado 16 de maio.

Concerto na catedral de Tui

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O próximo sábado día 6 de xuño, ás 20:00 h, terá lugar un concerto de órgano na catedral de Tui.

Os alumnos de órgano do Conservatorio Profesional de música de Ourense, ofrecerán un concerto con obras de J.S.Bach, J. Alain, Guilmant, Th. Dubois y C.Franck.
A entrada é libre

Por que asociarse?

Asociarse a “Un rato no tubo” implica participar plenamente na consecución dos fins e obxectivos que a nosa asociación pretende conseguir.

As actividades nas que os socios/as poderán participar serán:

  • Conferencias nas que se proxectarán as partes do instrumento e o seu funcionamento.
  • Viaxes e roteiros culturais aos lugares onde se atopan os instrumentos para coñecelos “in situ” e visitar os enclaves artísticos (mosteiros, igresas, etc) nos que están situados. Non nos esqueceremos da gastronomía e folclore da zona.
  • Intercambios con outras asociacións nacionales e internacionais para coñecer outros instrumentos históricos de importancia cultural.
  • Visitas a talleres de Organería de España e Portugal para ver de primeira man a construción ou restauración dun órgano.
  • Concertos didácticos onde se expliquen a orixe das obras, os compositores e, a través de musicogramas sinxelos, a explicación da forma e como se desenvolve, así como a arte da rexistración empregada.
  • Ciclos de concertos de órgano nalgúns dos instrumentos más útiles da provincia con presencia de organistas nacionais e internacionais.
  • Concertos de órgano con outros instrumentos como: gaita, voz, trompeta, oboe, percusión…
  • Concertos didácticos para escolares nos que o alumnado interactúen co instrumento participando no concerto.
  • Crear un sitio web que facilite a comunicación e o intercambio de ideas, opinións e información entre os asociados e que sexa unha mostra da actividade da asociación.
  • Organización de cursos de iniciación e perfeccionamento de organistas.