Notas ao programa do concerto de Montserrat Torrent
Johannes Brahms (1833-1897)
Preludio e Fuga in la minore
11 Corals op 122
1. Mein Jesu der du mich
2. Herzliebster Jesu
3. O Welt ich muss dich lassen
4. Herlich tut mich erfreuen
5. Schmucke dich o liebe Seele
6. O wie seelig seid ihr Frommen
7. O Gott du frommen Gott
8. Es ist ein ‘Ros’ entsprungen
9. Herlich tut mich verlangen
10. Herlich tut mit verlangen
11. O welt ich muss dich lassen
JOHANNES BRAHMS, nace en Hamburgo en 1833 e morre en Viena en 1897. A obra para órgano de Brahms sitúase nos dous extremos da súa vida (o preludio e fuga é unha obra de xuventude; os corais son unhas das súas últimas obras), facéndose presentes a imaxe paternal de Bach e a maternal de Clara Schumann. Como Mendelsohn, Schumann e Lizst, Brahms é máis un pianista ca un organista; todos eles abordan o mundo do órgano pola súa veneración a Bach. Aínda que as obras para órgano de Brahms non representan máis ca unha ínfima parte da súa produción musical e non resumen todas as súas tendencias estilísticas, amosan unha predilección polos tonos menores, as rexións medias e graves, os timbres velados, todas, formas de expresión do seu mundo interior.
Jesús Gurídi ( 1886-1961)
Variacións sobre un tema vasco
JESÚS GURIDI, nace en Vitoria, 25 de setembro de 1886 no seo dunha familia de músicos – e morre en Madrid o 7 de abril de 1961.
A súa composición está sen dúbida influenciada de xeito claro polo romanticismo serodio e atopa a súa inspiración nas raíces do folclore vasco que darán corpo e alma a moitas das súas obras.
As Variacións sobre un tema vasco baséanse, como o seu nome indica, nunha melodía dunha fermosa canción de amor titulada “Itsasoan laño dago”
Néboa no mar,
ata a barra de Baiona.
Quérote máis ca
os paxaros ás súas crías…
Trátase dunha serie de nove atractivas variacións, cunha moderada intervención do pedal, que van desde os saltos de acordes despregados ata a harmonía pechada nun contrapunto leve, pasando polo zortzico, ritmo propio das danzas de Euzkadi, rematando cun exuberante final en modo maior.
Jehan Alain (1911-1940)
Variations sus un thème de Clément Jannequin
Le Jardin suspendu
Litanies
JEHAN ALAIN, nace en Saint-en-Laye en 1911 e morre en Petit-Puy en 1940.
Variations: Jehan Alain dicía: “Esta peza debe ser interpretada coma os Preludios dos que falaba Couperin … con frescura e tenrura”. Pódese considerar coma un homenaxe ao órgano c después de la famosa l ludios como los Preludios de los que hablaba Couperin …on s he promovido lásico francés, despois da famosa visita ao Órgano de Petit Andelyse. A rexistración fai sentir a pureza do órgano clásico.
Le Jardin: Nun dos manuscritos lese o subtítulo “Chaconne”. Esta páxina dunha novidade sonora sorprendente pola época na que se compuxo, conserva un engado máxico, tanto pola calidade das ideas musicais (o tema, os arabescos..) como pola orixinalidade da rexistración, toda chea de dozura. Un só “do” grave de 32 pés no pedal é suficiente para facer estremecer a atmosfera ao xeito dun gong oriental.
Letanies: Sobre esta peza escribía Jehan Alain: “Cando a alma cristiá non atopa máis novas palabras na angustia para implorar a misericordia de Deus, ela repite sen cesar a mesma invocación con fe vehemente. A razón alcanza os seus límites. Só a fe consegue a súa ascensión…” Nesta obra emblemática de Alain, a súa irmá Marie Claire percibe unha “…absoluta sinceridade, un abandono a un frenesí desesperado, ás veces cortados por trazos humorísticos”…
Pero, sobre todo, a fascinación desta música radica na implacable e obsesiva repetición do esquema rítmico.