Concerto de órgano en Santa Eufemia

cartel

Informámoslles da nosa próxima actividade: o órgano de Santa Eufemia
soará o 19 de abril ás 20.00 nas mans da organista (e nosa presidenta)
Marisol Mendive. Este será o programa:


E. Torres (1872-1934)
Oración

J.Rheimberger (1839-1901)
Pasacaglia en Mi menor

J.Broto (1921-2006)
Balada en eco.

C.Franck (1822-1890)
Coral nº 3 en la menor

M. Castillo (1930-2005)
Elevación

J.Guridi (1886-1961)
Tríptico del Buen Pastor

El rebaño
La oveja perdida
El Buen pastor

A entrada será libre.
Agardamos a súa asistencia e estamos seguros de que o concerto será do seu agrado.

Encontro do 16 de febreiro Alumnado de órgano de Oporto e Ourense en Santiago de Compostela

ENCONTRO DE ALUMNOS DE ÓRGANO DOS CONSERVATORIOS DE OPORTO E OURENSE.

O Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación Cultural Amigos do Órgano “Un rato non tubo”, Ourense, organizaron un concerto de órgano o sábado día 16 de febreiro, no que os alumnos de Órgano dos Conservatorios de Porto ( Portugal) e Ourense interpretarán obras do S. XVI ao S. XVIII.

Igrexa de San Paio de Ante-Altares ( Praza Quintana. Santiago de Compostela).
Sábado 16 de febreiro de 2013.
Entrada libre.

PROGRAMA CONCERTO

S.Aguilera de Heredia (1561-1627)

Salve de primeiro tono por delasolre .
Julia Ammerman (CMUS Ourense)

P.Bruna (1611-1679)
Tiento en 2º tono por Gesolreut sobre a letanía da Virxe
Nuria Peláez (CMUS Ourense)

S. Aguilera de Heredia (1565-1627)
Tento de registo baixo de 1º tono
Pedro Vilela ( Conservatorio Oporto)

A.Carreira (1520-1547)
Cançao a cuatro glosada
Adrián Regueira ( CMUS Ourense)

F. Correa de Arauxo (1575/80-1655)
Tiento de medio rexistro de baxón de 7º tono
Rúben Bárbara, Conservatorio Oporto

J.K.Krell (1627-1693)
Capriccio sopra il Cucu
Marta Barreiro ( CMUS Ourense)

P.Bruna (1611-1679)
Tiento de mano dereita
Nuno Ventura (Conservatorio Oporto)

J.B.Cabanilles(1644-1712)
Tiento de Cheo
María García-Mendoza (CMUS Ourense)

J.B. Cabanilles(1644-1712)
Corrente italiana
Alejandra Escolante (CMUS Ourense)

Reportaxe fotográfica Tui 2012

O pasado 21 de abril disfrutamos dun agradable día en compaña do órgano e da catedral de Tui e, sobre todo, do alumnado de órgano dos conservatorios de Porto e Ourense, junto coo seus profesores e todo o público asistente que se deu cita no templo tudense.

Despois dun estupendo concerto tivo lugar unha comida de confraternización no Parque Natural do Monte Aloia e a posterior visita guiada á Catedral de Tui.

Nova actividade – Un rato no tubo en Tui

A Asociación Un Rato No Tubo organiza unha nova actividade aberta a todo o público, que terá lugar vindeiro sábado 21 de abril en Tui, en colaboración cos conservatorios de Oporto e Ourense.

– Comezaremos cun concerto de órgano e canto ás 12.30, na Catedral, a cargo de alumnado dos conservatorios de Oporto e Ourense. (Programa na seguinte páxina).
– A continuación, xantar no Monte Aloia. En caso de que desexen asistir, CONFIRMEN ASISTENCIA antes do 14 de abril. A comida correrá por conta de cada un dos asistentes…
– Pola tarde, ás 18.00 h, visita guiada á Catedral (museo, claustros, etc.).

Se algún socio/a ten dificultades para trasladarse a Tui, contacten coa directiva para poder compartir coches e así realizar unha viaxe máis sostible.

Concerto de Montserrat Torrent no órgano de Santa Eufemia

O venres, día 2 de decembro de 2011, ás 20:30 h. na igrexa de Santa Eufemia do Centro, terá lugar un concierto da organista Montserrat Torrent dentro das I Xornadas de órgano “CIDADE DE OURENSE” organizadas pola Asociación de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo.

A entrada será libre e de balde até completar aforo.

O programa será o seguinte:

Johannes Brahms (1833-1897)

  • Preludio e Fuga en la menor
  • 11 Corais op 122
  • 1. Mein Jesu der du mich
  • 2. Herzliebster Jesu
  • 3. O Welt ich muss dich lassen
  • 4. Herlich tut mich erfreuen
  • 5. Schmucke dich o liebe Seele
  • 6. O wie seelig seid ihr Frommen
  • 7. O Gott du frommen Gott
  • 8. Es ist ein ‘Ros’ entsprungen
  • 9. Herlich tut mich verlangen
  • 10. Herlich tut mit verlangen
  • 11. O welt ich muss dich lassen

Jesús Guridi ( 1886-1961)

  • Variacións sobre un tema vasco

Jehan Alain (1911-1940)

  • Variations sus un thème de Clément Jannequin
  • Le Jardin suspendu
  • Litanies

 

Montserrat Torrent con Marisol Mendive

Montserrat Torrent con Marisol Mendive en Frómista (2011)

Montserrat Torrent en GranadaOrgano.net

Montserrat Torrent, na web de Antonio Pérez Villena GranadaOrgano

Así o viron Shu Yang e Lucía

Shu Yang e Lucía asistiron coas súas familias a “A música das Esferas” o pasado 11 de xuño en Xunqueira de Ambía. Aprenderon moitas cousas e, ao chegaren á casa, reflectiron a súa versión do serán con estes dous estupendos debuxos.

Shu Yang

Dibujo de Shu Yang

 

Lucía

Dibujo de Lucía

Actividade Visita ao Mosteiro de Celanova e concerto didáctico no órgano

Visita ao Mosteiro de Celanova e posterior concerto didáctico no órgano do coro renacentista do Mosteiro.

Día : 30 de abril 2011, sábado

Hora: 11.00h

Lugar de encontro: entrada IES Celanova, xunto ao busto de Celso Emilio Ferreiro.

PROGRAMA:

11.00h Benvida do Alcalde de Celanova, D. Antonio Mouriño

11.15h Visita á biblioteca e ao claustro do poleiro (IES de Celanova) . Profesora colaboradora: Irma Fernández Alonso. Profesora de música IES Celanova.

11.45h Visita xeral ao Mosteiro .Profesora colaboradora: Mª Jesús Candau. Catedrática de Xeografía e Historia. Profesora I.E.S As Lagoas – Ourense

13.00h Concerto de órgano. Profesora Marisol Mendive

14.30h Comida no restaurante O Muiño do Chirlo. Celanova. (Antiga estrada de Celanova a Ourense).

 

Prégase confirmación. Data: ata o luns día 25 de abril incluído.

INFORMACIÓN DE CONTACTO:
ASOCIACIÓN AMIGOS DO ÓRGANO “UN RATO NO TUBO”
unratonotubo.organourense.es
correo-e: ratonotubo@gmail.com
Tfno 669 986 636