Concerto en Guimaraes do grupo Olladas – 24 outubro 2026

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O sábado 24 de outubro de 2026 terá lugar un concerto de órgano a cargo de grupo Olladas na Colegiada Igrexa de Nosa Señora de Oliveira de Guimarães (Portugal) ás 17 h (hora portuguesa) con entrada libre e de balde.

O concerto titúlase “Um jardim de sons” e nel, o grupo Olladas, un grupo de organistas tituladas en Órgano polo Conservatorio Profesional de Música de Ourense que obtiveron o seu título nos anos que Marisol Mendive impartiu clases de órgano, de 2004 a 2021, estará formado por Irma Fernández, Julia Ammerman, Alejandra Escolante, Rosa Mª Vicente e a propia Marisol Mendive.

Programa:

 

Cartaz:

O órgano de Nosa Señora de Oliveira en Guimarães:

 

 

Concerto de órgano do grupo Olladas

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O vindeiro sábado, 27 de setembro, ás 20:15 h. na igrexa de Santa Eufemia do Centro terá lugar un concerto de órgano a cargo de organistas que forman o grupo Olladas: Julia Ammerman, Alejandra Escolante, Irma Fernández, Marisol Mendive, Nicolás Varela e Rosa Mª Vicente.

Entrada de balde.

PROGRAMA:

Concerto Proxecto Olladas 2023

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O vindeiro venres 2 de xuño, ás 20 h, na Igrexa da Universidade, na Praza de Mazarelos – Santiago de Compostela, terá lugar un concerto de órgano titulado O son do ar, pertencente ao Proxecto Olladas 2023, organizado pola Asociación Un rato no tubo e a Universidade de Santiago de Compostela.

A entrada será de balde.

As organistas Irma Fernández Alonso, Julia Ammerman Yebra, Alejandra Escolante, Rosi Vicente Álvarez, Marisol Mendive Zabaldica e o organista Roque Márquez Rodríguez, interpretarán obras de Domenico Zipoli, Antonio Martín y Coll, Johan Kaspar Kerll, Sweelinck, Antonio de Cabezón, J.B. Cabanilles, Carlos Baguer e Anónimo do XVIII.

Cartel do concerto:

Programa do concerto:

{pdf=images/pdf/PROGRAMA_PROXECTO_OLLADAS_2023.pdf|500|300|viewer}

Concerto Olladas de verán

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O vindeiro domingo 27 de xuño de 2021 ás 19:00 h terá lugar na Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celanova, o concerto colaborativo “Olladas de verán” a cargo das organistas Mª José Mosquera Seoane, Irma Fernández Alonso, Mary Valugo Rúa, Alejandra Escolante Mujico, Julia Ammerman Yebra, Paula Dios do Campo e Marisol Mendive Zabaldica.

Está organizado polo Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez e a nosa asociación.

A entrada é libre pero, dada a situación actual, é preciso unha preinscrición no seguinte enderezo: cultura.celanova@gmail.com

Cartel do concerto e programa do concerto:

Concerto de órgano de Ignace Michiels – IX Xornadas de órgano Cidade de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

Este próximo sábado 9 de novembro, comezarán as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense cun concerto na Parroquia de Fátima da cidade de Ourense.
O organista internacional Ignace Michiels, Titular do Órgano da Catedral de Bruxas, Bélxica, interpretará obras de Purcell, Bach, Mendelshonn, Bossi, Stamm e Dubois, Hollins e Ralph-Driffil.
Ignace Michiels é un gran interprete que con toda seguridade ofreceranos un concerto difícil de esquecer. O concerto será ás 20.00 h e a entrada é libre.