Reportaxe fotográfica Ribeiro 2012

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Viaxes culturais

O pasado 24 de xuño a nosa asociación organizou unha visita aos órganos do Ribeiro. Os asistentes puidemos comprobar in situ o lamentable estado dos órganos desta bisbarra tan agarimosa. A visita rematou nas adegas Viña Costeira onde coñecimos as últimas tecnoloxías empregadas na elaboración dos caldos desta empresa que tanto colabora connosco.

Traballos no Órgano da Catedral de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Sen categoría

O pasado 25 de xullo de 2012 o espazo Telexornal da TVE-Galicia emitiu unha reportaxe sobre os traballos que se están a desenvolver pola empresa de organería José Antonio Azpiazu no órgano da Catedral de Ourense.

Trabajos en el Órgano de la Catedral de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Sen categoría

El pasado 25 de julio de 2012 el espacio Telexornal de TVE-Galicia emitió un reportaje sobre los trabajos que se están desarrollando por la empresa de organería José Antonio Azpiazu en el órgano de la Catedral de Ourense. Aquí está el vídeo:

I Concurso de fotografía Un Rato No Tubo

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ‘UN RATO NO TUBO’

A Asociación de Amigos do Órgano “Un Rato no Tubo” de Ourense convoca o I Concurso de Fotografía coas seguintes:

BASES

1. Dos participantes. A convocatoria está dirixida a calquera persoa de calquera nacionalidade que teña a súa residencia en España.

2. Da temática. A temática do concurso está baseada no mundo do órgano, ben dende un punto de vista documental, ben dende un punto de vista artístico e libre.

3. Das obras.

a. O formato das fotografías será como mínimo de 15×21 cm, non existindo límite máximo. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro.

b. O número de fotografías a presentar por participante estará limitada a 3. Os premios non poderán ser acumulativos.

c. As fotografías presentadas a concurso deben de ser orixinais e inéditas, é dicir, que non teñan participado en ningún outro concurso nin ter sido colgadas en ningunha web.

4. Da inscrición.

a. Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto a un pseudónimo que indique ao autor. Nun sobre pechado, co pseudónimo escrito por fora, @ autor/a introducirá os datos persoais (nome e apelidos, NIF, dirección, teléfono e correo electrónico).

b. O prazo de inscrición comeza o domingo 24 de xuño e remata o domingo 30 de setembro de 2012.

c. A dirección de envío é Asociación Cultural Amigos do Órgano “Un rato no tubo” de Ourense, Rúa Celso Emilio Ferreiro nº 2, 2º B, CP: 32004, Ourense.

5. Do xurado. O xurado do concurso estará composto por membros escollidos pola directiva da Asociación de Amigos do Órgano “Un Rato no Tubo”.

6. Da visualización das obras. As obras seleccionadas serán exhibidas nun espazo público a determinar a partires da data límite de inscrición.

7. Dos premios. Entregaranse os seguintes premios.

a. Premio á mellor fotografía documental.

b. Premio a mellor fotografía artística.

Ademais, as fotografías gañadoras empregaranse nos deseños dos carteis e programas das II Xornadas de Órgano que realizará a Asociación no mes de decembro en Ourense.

8. Disposicións finais.

a. As fotografías premiadas pasarán a formar parte do arquivo da Asociación de Amigos do Órgano “Un Rato no Tubo”. O resto das fotografías poderán ser recollidas polos seus autores antes do 31 de decembro de 2012, logo do cal, as non recollidas, serán destruídas.

b. A organización do concurso resérvase o dereito a excluír todos aqueles traballos con contido obsceno, violento, sexista ou ofensivo.

c. A participación no concurso supón a aceptación das bases e do fallo do xurado.

Reportaxe fotográfica Tui 2012

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O pasado 21 de abril disfrutamos dun agradable día en compaña do órgano e da catedral de Tui e, sobre todo, do alumnado de órgano dos conservatorios de Porto e Ourense, junto coo seus profesores e todo o público asistente que se deu cita no templo tudense.

Despois dun estupendo concerto tivo lugar unha comida de confraternización no Parque Natural do Monte Aloia e a posterior visita guiada á Catedral de Tui.

Nova actividade: Órganos en O Ribeiro

O vindeiro domingo, 24 de xuño de 2012, terá lugar unha actividade da nosa asociación, enfocada a coñecer algúns dos instrumentos do patrimonio organístico de Ourense, concretamente dna bisbarra de O Ribeiro, que, nestes intres non están en uso polo seu deterioro e a denunciar o seu estado actual. Ademais realizaremos unha visita ás instalacións de Viña Costeira.

Poderán asistir asociados e público en xeral.

Programa:

17.00h. Encontro no Mosteiro de San Clodio. Cómo chegar desde o Parque de San Lázaro.
18.00h. Visita ao órgano de Santo Domingo en Ribadavia.
19.00h. Visita a Viña Costeira, presentación do “I Concurso de fotografía Un Rato No Tubo” e cata de viños.
Inquilino especial

Concerto didáctico na igrexa de Fátima

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Actividades

Informámoslles da próxima actividade da Asociación: un concerto didáctico no órgano do Santuario de Nosa Señora de Fátima, que ademáis celebra o seu 50 aniversario. A intérprete será a nosa presidenta, Soledad Mendive, e acompañaremos o concerto cunha serie de explicacións, apoiadas por material multimedia proxectado nunha pantalla, sobre do órgano en xeral e sobre o órgano do santuario en particular, ampliando así o noso saber organístico.

Será o vindeiro luns, 14 de Maio, ás 20.30 horas.

O encontro con José Luis González Uriol, na prensa

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Hemeroteca

O Encuentro con José Luis González Uriol, o pasado mércores 29 de febreiro de 2012, no Liceo Recreo Orensano, resultou moi interesante.

Contouns a orixe da súa vocación polo órgano, o seu traballo na Institución Fernando El Católico, a organización dos cursos de música antiga de Daroca e animou aos membros da asociación a seguir perseverando no afán por difundir e revalorizar o patrimonio organístico ourensán.

Reseña en La Región do día 1-03-2012

Imaxe do encontro con José Luis González Uriol en la prensa

Comisión para a restauración do órgano da Catedral de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Noticia publicada en La Voz de Galicia. O gran órgano da catedral será, por fin, restaurado. Para este fin o deán, Serafín Marqués, encargou a constitución dunha comisión da que formarán parte o actual organista, Manuel Rei Oleiros; a Asociación de Amigos da Catedral; o delegado diocesano de Patrimonio, Miguel Ángel González García; e a profesora e concertista de órgano, Soledad Mendive. A intención é pór o instrumento musical en mans dun experto para conseguir devolverlle todo o seu esplendor en son.

Marqués di que xa dispoñen de orzamento e este, segundo el, non excede os 100.000 euros. O órgano necesita unha posta a punto dadas as súas deficiencias que o paso dos anos, o uso e algunhas restauracións pouco afortunadas deixaron nos seus tubos e demais elementos.

Máis información aquí.

Nova actividade – Un rato no tubo en Tui

A Asociación Un Rato No Tubo organiza unha nova actividade aberta a todo o público, que terá lugar vindeiro sábado 21 de abril en Tui, en colaboración cos conservatorios de Oporto e Ourense.

– Comezaremos cun concerto de órgano e canto ás 12.30, na Catedral, a cargo de alumnado dos conservatorios de Oporto e Ourense. (Programa na seguinte páxina).
– A continuación, xantar no Monte Aloia. En caso de que desexen asistir, CONFIRMEN ASISTENCIA antes do 14 de abril. A comida correrá por conta de cada un dos asistentes…
– Pola tarde, ás 18.00 h, visita guiada á Catedral (museo, claustros, etc.).

Se algún socio/a ten dificultades para trasladarse a Tui, contacten coa directiva para poder compartir coches e así realizar unha viaxe máis sostible.