II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense

Entre os días 28 e 30 de novembro de 2012 desenvolveranse as II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense organizadas pola Asociación de Amigos del Órgano Un Rato No Tubo coa colaboración do Liceo Recreo Ourensán e da Parroquia de Santa Eufemia do Centro.

O 28 de novembro, ás 20:30 h, no Liceo Recreo Ourensán terá lugar o acto de Presentación das Xornadas e a inauguración da Exposición Fotográfica cuxo tema é o órgano e o seu mundo. Entrada libre.

O 29 de novembro, ás 20:30 h, no Liceo Recreo Ourensán realizarase un Encontro coa organista Edite Rocha. Este acto será para socios/as de Un Rato No Tubo.

O 30 de novembro, ás 20:30 h, na Igrexa de Santa Eufemia do Centro, a organista Edite Rocha dará un concerto de órgano. A entrada a este acto será libre.

Estas Xornadas están organizadas pola Asociación Un Rato No Tubo sen contar con ningunha axuda económica pública oficial, es decir, grazas ás cuotas e colaboración dos seus asociados/as.

Cartel II Xornadas