Curso de verán Sinergias entre el Derecho y la Música III

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Actividades

O curso de verán “Sinergias entre el Derecho y la Música III, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración da nosa asociación, terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo de 2026 na Facultade de Dereito da USC. Haberá tamén un taller musical e un concerto de órgano e outros instrumentos a cargo de Marisol Mendive e Paulo Bernardino, no órgano da Igrexa da Universidade.

A matrícula estará aberta ata o 19 de xuño. O curso é de 20 h e concede 1 crédito ECTS.

Programa completo do curso (3 páxinas):

BachCompostela – Integral da obra de J.S.Bach por Juan de la Rubia

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

BachCompostela é un ciclo de 21 concertos de órgano na Catedral de Santiago que, desde outubro de 2026 a decembro de 2028, os segundos xoves de cada mes, mostrará a obra integral para este instrumento de J.S.Bach a cargo do organista Juan de la Rubia.

Este proxecto  coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo. 

O ciclo está organizado pola Catedral de Santiago coa colaboración do Palau de la Música Orfeó Catalá.