O Rato vai de excursión…a Samos!

Como vén sendo habitual, no mes de xuño organizamos unha viaxe cultural para coñecer o patrimonio organístico da nosa terra. A excursión ofrećese aos socios/as, con descontos varios, e a público interesado.

Este ano, a viaxe desenvolverase o sábado 8 de xuño e os destinos serán Samos e Pedrafita do Cebreiro.

Saída: 9:30 h desde o Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

11:30 h: visita guiada ao Mosteiro de Samos, claustro, pintura e órgano. Prezo da visita: 5 € . Socios/as: de balde.

14:30 h: comida no restaurante A Veiga (menú de 13 €, as escoller entre cinco primeiros e cinco segundos, sobremesa, café e bebida incluidos).

Pola tarde: visita a Pedrafita do Cebreiro e ao Órgano da Igrexa de Sta. María A Real (construido por Acitores).

18:00-18:30: saída para Ourense

20:00 – 20:30 h : chegada prevista a Ourense.

Para o desprazamento habería a posibilidade de contar cun autocar se somos un número mínimo de 19 persoas (18 € por persoa) ata 25 persoas (14 € por persoa). En caso de non xuntarnos o número requirido, o desprazamento sería en coche particular.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto coa Asociación antes do venres 31 de maio, indicando se se prefire ou non a viaxe en autocar.

Órgano de Fátima – Ourense

A igrexa da Nosa Señora de Fátima é un templo inaugurado o 13 de maio de 1963 polo cardeal Quiroga Palacios. Atópase situado no barrio de O Couto e considérase un templo votivo dedicado á Virxe de Fátima.

O órgano desta igrexa está situado na tribuna.

 
 

Instrumento

Órgano de dous teclados de transmisión eléctrica

Amezua y Cia. San Sebastián

 

Disposición

Teclado I

Violón 16′

Flautado 8′

Violón 8′

Octava 4′

Teclado II

Flauta Armónica  8’

Viola de Gamba 8’

Voz Celeste 8’

Flauta Octaviante 4’

Lleno 2’

Trompeta 8’

Pedal

Subbajo 16′

Contras 8′

 

Acoplamientos

 

y otros

I/P

II/P

Unión de teclados

Octavas graves del II/I

Octavas agudas del II/I

Trémolo

1 combinación libre

Transpositor

5 Botones:

P.MF.F.TUTTI.A.CL

O órgano está en bo estado e ten un uso continuado.