El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive
A Asociación Amigos do Órgano “Un rato no tubo” constitúese en Ourense o 19 de outubro de 2010 coa finalidade principal de achegar o mundo do órgano de tubos, dun xeito atractivo e dinámico, a todo tipo de públicos. Este libro, El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural, escrito por Marisol Mendive, é un testemuño do traballo desenvolvido pola Asociación durante estes anos, tanto na cidade como na provincia. Na actualidade, é a única asociación dedicada a este instrumento en toda a Comunidade galega.
A autora deste libro, Marisol Mendive, organista, concertista e presidenta da Asociación, exerceu a súa actividade como profesora deste instrumento durante 17 anos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
Este libro recolle o testemuño dunha pequena asociación cuxa finalidade principal é chamar a atención e amosar a beleza construtiva e sonora dun instrumento ancorado nos nosos templos, cuxa versatilidade no son quedou no imaxinario colectivo como algo fermoso e afastado, potente e delicado á vez. Referímonos ao órgano de tubos. Instrumento complexo e descoñecido que, cando se escoita, incita a soñar, a evadirse da realidade e a imaxinar outros mundos posibles de paz, tranquilidade e tamén de poder e forza.
El mundo del órganoDescarga en formato pdf: Libro El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive
