Concerto de órgano do grupo Olladas
O vindeiro sábado, 27 de setembro, ás 20:15 h. na igrexa de Santa Eufemia do Centro terá lugar un concerto de órgano a cargo de organistas que forman o grupo Olladas: Julia Ammerman, Alejandra Escolante, Irma Fernández, Marisol Mendive, Nicolás Varela e Rosa Mª Vicente.
Entrada de balde.

PROGRAMA:
PROGRAMA_DEL_CONCIERTO_Olladas25El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive
A Asociación Amigos do Órgano “Un rato no tubo” constitúese en Ourense o 19 de outubro de 2010 coa finalidade principal de achegar o mundo do órgano de tubos, dun xeito atractivo e dinámico, a todo tipo de públicos. Este libro, El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural, escrito por Marisol Mendive, é un testemuño do traballo desenvolvido pola Asociación durante estes anos, tanto na cidade como na provincia. Na actualidade, é a única asociación dedicada a este instrumento en toda a Comunidade galega.
A autora deste libro, Marisol Mendive, organista, concertista e presidenta da Asociación, exerceu a súa actividade como profesora deste instrumento durante 17 anos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
Este libro recolle o testemuño dunha pequena asociación cuxa finalidade principal é chamar a atención e amosar a beleza construtiva e sonora dun instrumento ancorado nos nosos templos, cuxa versatilidade no son quedou no imaxinario colectivo como algo fermoso e afastado, potente e delicado á vez. Referímonos ao órgano de tubos. Instrumento complexo e descoñecido que, cando se escoita, incita a soñar, a evadirse da realidade e a imaxinar outros mundos posibles de paz, tranquilidade e tamén de poder e forza.
El mundo del órganoDescarga en formato pdf: Libro El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural – Marisol Mendive
Curso de verán Sinergias entre el Derecho y la Música II
O curso de verán “Sinergias entre el derecho y la música II“, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) terá lugar os días 16, 17 e 18 de xullo de 2025 no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC. Haberá tamén un taller musical e un concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive, no órgano da Igrexa da Universidade.
A matrícula estará aberta ata o 4 de xullo. O curso é de 20 h e concede 1 crédito ECTS.
Información sobre a matrícula:
poster-sinergias
Programa completo do curso (3 páxinas):
programa2_sinergias_2025
