As liberdades de creación e interpretación: sinerxías entre o Dereito e a Música

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

Os vindeiros días 26, 27 e 28 de xuño celebrarase o curso de verán «As liberdades de creación e interpretación: sinerxías entre o Dereito e a Música», en Santiago de Compostela, entre a Igrexa da Universidade e a Facultade de Dereito. Nel participaremos varias integrantes da asociación, explicando brevemente a historia do órgano, algunhas formas de interpretación, diferentes estilos musicais… Ademais, a nosa presidenta Marisol Mendive, explicará o funcionamento do órgano e ofrecerá un concerto o día 27 ás 19h. No curso tamén haberá espazo para o debate e a posta en común de ideas artísticas e xurídicas, contando con ponentes tanto do mundo musical (como o musicólogo Carlos Villanueva ou o compositor Joam Trillo) como do xurídico (coa exmaxistrada do Tribunal Constitucional Encarna Roca Trías ou os profesores Jesús Delgado e María Paz García Rubio), entre outros.

A información do Curso está publicada na web da Universidade de verán de Santiago de Compostela, á que podedes acceder a través do cartel en anexo ou a través desta ligazón: https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/libertades-creacion-interpretacion-sinergias-derecho-musica-13699 A cota de inscrición reducida é de 40 euros (para estudantes, xubilados, desempregados, membros da Universidade de Santiago…) e a cota xeral é de 70 euros.

Cartel PDF Curso Música e Dereito_galego Programa PDF Curso Música y Derecho