Concerto de Mónica Melkova

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

O día 4 de decembro, dentro da programación das IV Xornadas de Órgano, asistiremos a un concerto da organista Mónica Melkova, na igrexa de Santa Eufemia. Aquí tedes a biografía da organista:

Melkova-Biografia

Tamén, á vosa disposición, o programa que interpretará:

Melkova-Programa

 

Información Ciclo de Xunqueira de Ambía

Queridos Socios:
Una vez más, se celebra el Ciclo de Órgano de Xunqueira de Ambía.
Este año se cumple una fecha importante, el 25 aniversario.
Os envío la información correspondiente animándoos  a que vengáis a los conciertos y participéis  de las actividades programadas.
El Órgano de Xunqueira es patrimonio de todos!
Podéis reenviar esta información a todos vuestros amigos y conocidos.
Un abrazo
 

Concerto de soprano e órgano

O xoves día 15 de maio terá lugar un concerto de Soprano e Órgano organizado pola Asociación Cultural “Un rato no tubo”.
En programa obras de Fauré, Pierné, Montsalvatge, Blancafort,Toldrá, Marcial do Adaíl, Franck, Dubois e M. G.Mendoza.
Dentro do programa haberá unha estrea absoluta da obra:
“Poema XLIV sobre un texto de G.A.Becquer: Como un libro aberto”, da compositora María García Mendoza, profesora do Conservatorio de Ourense.
O concerto será ás 20.25 h da tarde e a entrada é libre.

programaconcertoprimavera Cartel concerto primavera2014

II Xornadas de órgano “Mariano Tafall” 2014

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Semana do 14 ao 22 de febreiro do 2014.

Varios espazos. Entrada libre

“O Conservatorio Profesional de Santiago quere poñer en valor un instrumento marabilloso, que forma parte do valioso patrimonio galego, e especialmente da cidade de Santiago de Compostela.

 

Nestas xornadas queremos amosar o órgano desde distintas perspectivas: non so o escoitaremos, senón que realizaremos unha viaxe ao seu interior. As xornadas comezan cun Concerto Didáctico presentado por Marisol Mendive na Capella da Universidade, Concerto de Música Acordada e órgano solista, continúa con visitas guiadas aos órganos da Igrexa das Ánimas, Capella da Universidade e Catedral, conferencias por sobre o órgano por Miguel A. López e Fernando Buide e remata cun Concerto para órgano solo por alumnado do Conservatorio de Ourense. Todo elo compleméntase cunha Exposición fotográfica de órganos no CMUS de Santiago.

Colaboran: Vicerreitoria de Estudantes, Cultura e Formación contínua, Catedral de Santiago, Consorcio de Santiago, CMUS de Ourense, Asociación Cultural de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo, Marisol Mendive, Música Acordada, Coro de Amigos do CMUS, Coro de voces brancas do centro e EDLG.”