Órgano de Santa Eufemia do Centro – Ourense

A igrexa de Santa Eufemia ocupa un espazo privilexiado no corazón monumental de Ourense. É un enorme templo barroco construído entre os séculos XVII e XVIII que anteriormente pertencía a un convento de xesuitas. Está situada na rúa Lamas Carvajal nº 9.

Ubicación: Rúa Lamas Carvajal, 5-9, 32005 Orense, España

A súa fachada amosa unha grande monumentalidade coa típica estrutura de retablo feito en pedra onde campean as liñas curvas e numerosos entrantes e saíntes, concebidos para dramatizar os claroscuros.

O órgano está situado no coro alto, fronte ao altar, ao final da nave.

Instrumento

Dous teclados e pedaleiro de 30 notas

E.F. Walcker&Co.

Ludwigsbürg-Würt

Opus 1784-Erbaut 1913

Disposición

Órgano Principal

1. Frauta Harmónica 8’

2. Principal 8’

3. Octava 4’

4. Fifre 2’

5. Cheo 2 2/3’ 4F

6. Bordón 16’

7. Trompeta real 8’

Segundo Teclado

8. Voz Celeste 8’

9. Viola Orquestra 8’

10. Cor de Nuit 8’

11. Frauta Octaviante 4’

12. Voz Humana 8’

Trémolo

Pedal

13. Grande Bordón 16′

14.- Octava Baixa 8′

Outros dispositivos

Calcant (Entonador do fol)

5 combinadores automáticos:

  • Oitava baixa do recit ao grande órgano

  • Oitava aguda do recit

  • Grande órgano ao pedaleiro

  • Recit ao pedaleiro

  • Recit ao grande órgano

  • Tutti

Pedal de expresión

Este instrumento mercouse en 1913 e custou 16.500 pts. Foi inaugurado nun grande acontecemento relixioso o domingo 25 de xaneiro de 1914. En 1950,  case 40 anos despois, Organería Española (OESA), realizou unha limpeza xeral e unha afinación. O órgano é de transmisión neumática.

Desde ese ano non se fixo outra intervención, só reparacións puntuais. Afinación cada tres anos máis ou menos.

Federico Acitores, organeiro de Torquemada, levou a cabo unha posta a punto do instrumento, limpeza e afinación, polo que está, a data de hoxe, en moi bo estado.

O son deste instrumento é moi atercipelado, nada estridente, cun potente cheo. Pódense conseguir combinacións de rexistros moi fermosas. A isto engádeselle a estupenda acústica da iglesia, cunha reverberación de case tres segundos.