Nova actividade – Un rato no tubo en Tui

A Asociación Un Rato No Tubo organiza unha nova actividade aberta a todo o público, que terá lugar vindeiro sábado 21 de abril en Tui, en colaboración cos conservatorios de Oporto e Ourense.

– Comezaremos cun concerto de órgano e canto ás 12.30, na Catedral, a cargo de alumnado dos conservatorios de Oporto e Ourense. (Programa na seguinte páxina).
– A continuación, xantar no Monte Aloia. En caso de que desexen asistir, CONFIRMEN ASISTENCIA antes do 14 de abril. A comida correrá por conta de cada un dos asistentes…
– Pola tarde, ás 18.00 h, visita guiada á Catedral (museo, claustros, etc.).

Se algún socio/a ten dificultades para trasladarse a Tui, contacten coa directiva para poder compartir coches e así realizar unha viaxe máis sostible.

Nova actividade: A música das esferas. Xunqueira de Ambía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Actividades

A MÚSICA DAS ESFERAS

  • COLEXIATA DE SANTA MARÍA A REAL
  • XUNQUEIRA DE AMBÍA. (Ourense)
  • SÁBADO 11 DE XUÑO.
  • 20.00 h
  • Libre acceso á actividade

Pitágoras tiña un soño: a harmonía musical que rexía o movemento das estrelas, a harmonía das esferas, e este soño, permaneceu durante os séculos.

O mundo pitagórico semella unha caixa de música cósmica, que toca o mesmo preludio de Bach, de eternidade en eternidade.

PROGRAMA.

  • 20.00h. Encontro dos participantes na explanada de acceso á Colexiata.
  • 20.15h Percorrido pola Colexiata e o Claustro románico a cargo de Mª Jesús Candau, catedrática de Xeografía e Historia e profesora de Arte no IES As Lagoas
  • 21.00h Conferencia – concerto de órgano a cargo de Juan Manuel Vázquez Vázquez, matemático e profesor de Música no IES Lamas Quendas (Chantada) e Marisol Mendive, profesora de órgano CMUS Ourense.
  • 22.00h Refrixerio no Claustro románico(*)
  • 22.30h Contemplación da música das esferas a través do firmamento a cargo de Alejandro Meira, membro da Asociación “Ourense astronómico”

(*) Cada un debe traerse o bocata.

COLABORA: Asociación Ourense astronómico

PATROCINAN: Concello de Xunqueira de Ambía

Parroquia de Santa María de Xunqueira de Ambía

Viña Costeira

ASOCIACIÓN AMIGOS DO ÓRGANO “UN RATO NO TUBO”
c/ Celso Emilio Ferreiro 2,2º B
32004 Ourense

Contactar coa Asociación

Tfno 669 986 636