X Xornadas de Órgano de Ourense

Nos meses de maio e xuño tenrán lugar as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense, organizadas pola Asociación Cultural Amigos do Órgano “Un rato no tubo” de Ourense. Os actos previstos son os seguintes:

  • Día 21 de maio: Pequenas Xornadas: “A música e as emocións”, dirixidas a nenas e nenos, no órgano da Igrexa de Fátima.
  • Día 28 de maio: Proxecto Olladas; “Con alma libre”, concerto colaborativo de graduados/as en órgano, no órgano da Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celanova
  • Día 11 de xuñoo: Concierto a cargo de Roberto Fresco, organista titular da Catedral da Almudena de Madrid, no órgano da Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celenova.

Aquí, o cartaz:

Concerto Olladas de verán

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

O vindeiro domingo 27 de xuño de 2021 ás 19:00 h terá lugar na Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celanova, o concerto colaborativo “Olladas de verán” a cargo das organistas Mª José Mosquera Seoane, Irma Fernández Alonso, Mary Valugo Rúa, Alejandra Escolante Mujico, Julia Ammerman Yebra, Paula Dios do Campo e Marisol Mendive Zabaldica.

Está organizado polo Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez e a nosa asociación.

A entrada é libre pero, dada a situación actual, é preciso unha preinscrición no seguinte enderezo: cultura.celanova@gmail.com

Cartel do concerto e programa do concerto:

ollada_veran_programa

II Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Novas

O II Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas celebrouse en Burgos na fin de semana do 10 ao 11 de outubro na Catedral de Burgos. O certame enmarcouse nas conmemoracións do 800 aniversario que a catedral burgalesa cumplirá en 2021.

O concurso foi coordinado polo organista burgalés Diego Crespo. O xurado foi presidido por Juan de la Rubia, organista titular da Sagrada Familia de Barcelona e profesor da Escola de Música Superior de Cataluña e contou coa participación de organistas e preofesores de prestixio como Andrés Cea Galán, Loreto Fernández Imaz, Marco Brescia, Diego Crespo e o organeiro Óscar Laguna de la Mata.

Presentáronse ao concurso os xóvenes organistas Víctor Manuel Baena de la Torre, Ana Mínguez Abad, Íñigo de Peque Leoz, Aarón Ribas Zorrilla e Joan Seguí Mercadal. Os concursantes tiñan que interpretar dous repertorios axeitados a dous órganos que hai no templo: no órgano ibérico da Capela de San Enrique e no órgano romántico Cavaillé-Coll de 1903.

O gañador foi Joan Seguí Mercadal.

Vídeo do concerto celebrado o día 10 de outubro no órgano ibérico:

 

Vídeo do concerto celebrado o 11 de outubro no órgano Cavaillé-Coll:

Concierto de Ignace Michiels – IX Xornadas de órgano Cidade de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Conciertos

Este próximo sábado 9 de noviembre, comenzarán las IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense con un concierto en la Parroquia de Fátima de la ciudad de Ourense.
El organista internacional Ignace Michiels, Titular del Órgano de la Catedral de Brujas, Bélgica, interpretará obras de Purcel, Bach, Mendelshonn, Bossi,Stamm y Dubois, Hollins y Ralph-Driffil.
Ignace Michiels es un gran interprete que con toda seguridad nos ofrecerá un concierto difícil de olvidar.
El concierto será a las 20.00h y la entrada es libre.

Concerto de órgano de Ignace Michiels – IX Xornadas de órgano Cidade de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Concertos

Este próximo sábado 9 de novembro, comezarán as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense cun concerto na Parroquia de Fátima da cidade de Ourense.
O organista internacional Ignace Michiels, Titular do Órgano da Catedral de Bruxas, Bélxica, interpretará obras de Purcell, Bach, Mendelshonn, Bossi, Stamm e Dubois, Hollins e Ralph-Driffil.
Ignace Michiels é un gran interprete que con toda seguridade ofreceranos un concerto difícil de esquecer. O concerto será ás 20.00 h e a entrada é libre.

IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Sen categoría

Durante o mes de novembro terán lugar as IX Xornadas de Órgano Cidade de Ourense, organizadas pola Asociación Cultural Amigos do Órgano “Un rato no tubo” de Ourense. Os actos previstos son os seguintes:

  • Día 9 de novembro: Concerto de Órgano de Ignace Michiels, organista da Catedral de Bruxas (Bélxica) no órgano da Igrexa de Fátima.
  • Día 21 de novembro: Conferencia “O Órgano de Celanova: música para todos” a cargo de profesoras de música e órgano pertencentes á asociación, no Liceo Recreo Ourensán.
  • Día 23 de novembro: IV Pequenas xornadas de órgano, na Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celenova.
  • Día 30 de novembro: Visita ao órgano da Igrexa de Santo Ángel (Ourense) e Vermoucho na cervexaría O Moucho.

Aquí, o cartel: