Notas al programa del concierto de Edite Rocha
II XORNADAS DE ÓRGANO CIDADE DE OURENSE, 2012
PRESENTACIÓN DO CONCERTO
Buenas tardes:
Este año, con ilusión y sacrificio, la Asociación “Un rato no tubo” ha organizado las II Xornadas de Órgano Cidade de Ourense.
En esta ocasión hemos invitado a una organista portuguesa, formada en Paris y en Suiza y con una rica experiencia musicológica y concertistica. Su trabajo en la Universidad de Aveiro es reconocido por su labor de investigación en el mundo de la música antigua portuguesa con el reconocimiento del Premio de Investigación Histórica de Elvas.
Hemos contado de nuevo con la generosa e inestimable colaboración de la Parroquia de Santa Eufemia y de su párroco, D. Manuel Mera. Desde aquí nuestro agradecimiento. Con la Sociedad del Liceo Ourensano, una entidad siempre volcada en la cultura que nos presta sus instalaciones siempre que lo necesitamos, y con nuestros asociados, cada vez más numerosos y entregados.
Y a todas las personas que nos acompañan y animan para que ésta recién estrenada asociación siga adelante con un montón de proyectos.
En esta edición no se ha podido contar con la presencia de la pantalla que haga más fácil la escucha del concierto, pero seguiremos el concierto sintiendo la presencia de la música que llena las naves y de la belleza de su sonido.
Como se hace habitualmente en muchos países de Europa, y como también hicimos el año pasado, se ha puesto a la entrada de la Iglesia una cesta para que la persona que así lo desee, pueda contribuir económicamente con el coste del concierto. Los animamos también a que se hagan socios.
Disfruten del concierto, y sólo añadir que antes de cada obra se leerán unos breves comentarios sobre el compositor y la obra.
Muchas gracias por su estancia aquí y esperamos seguir contando con su apoyo.
Marisol Mendive
Presidenta da Asociación de Amigos do Órgano “Un rato no tubo” de Ourense
NOTAS AO PROGRAMA
Luís de Freitas Branco (Lisboa, 1890–1955).
Compositor portugués nado en Lisboa, unha das máis importantes personalidades da cultura portuguesa do século XX.
Desenvolveu a súa actividade en diversas áreas da vida cultural. Educado no medio familiar, ben pronto tomou contacto coa música, estudando violín e piano. Aos 14 anos xa compoñía cancións que alcanzaron unha gran popularidade. Ao 17 anos empezou a súa tarefa como crítico musical no Diario Ilustrado. Tamén estudou órgano.
En 1910 instalouse en Berlín co fin de estudar composición, música antiga e metodoloxía da historia da música. En maio de 1911 viaxou a París, onde tivo ocasión de coñecer a Claude Debussy e a corrente estética impresionista. Durante varios anos exerceu o cargo de Director do Conservatorio de Lisboa.
Alberto Nepomuceno (1864-1920)
Compositor brasileiro nacido en Fortaleza (Brasil) en 1864. Comezou os seus estudos musicais co seu pai, que era violinista, organista, profesor e mestre de capela na catedral de Fortaleza. En 1872, trasladouse xunto coa súa familia a Recife, onde comezou os seus estudos de piano e violín.
En 1885, presentou as súas composicións por primeira vez no Instituto Nacional Musical, un conxunto de cancións en portugués. O principal obxectivo do concerto era facer cambiar de idea aos que consideraban que o portugués non era un idioma apropiado para o bel canto. Foi moi criticado por facelo e comezou unha verdadeira batalla contra varios xornais e críticos musicais.
En 1888 ampliou os seus estudos musicais en Roma e Berlín. Casado cunha muller norueguesa, trasladouse a vivir a Bergen, onde coñeceu ao compositor Edward Grieg. A amizade de Nepomuceno con Grieg contribuíu decisivamente ao convencemento deste de escribir a música que reflectira a cultura brasileira. Antes de abandonar Europa visitou París,donde encontrouse con destacados compositores comoCamille Saint-Saëns e Vincent d’Indy e Claude Debussy. Morreu en 1920.
Calimerio Soares (1944-2011).
Compositor, clavecinista e organista, nado en São Sebastião do Paraíso provincia de Minas Gerais (Brasil), onde empezou os seus estudos musicais, continuándoos logo no Conservatorio Musical de Ribeirão Preto. Graduouse en piano e música pola Universidade Federal de Uberlândia, especializándose en órgano en Estados Unidos de América.
Doutor en Composición Musical pola Universidade de Leeds (Inglaterra).
Desenvolveu unha intensa actividade docente e dirixiu varios conxuntos especializados en música antiga e contemporánea.
As súas composicións foron executadas por renomeados intérpretes tanto en Brasil como tamén en varios países como Suecia, Estados Unidos, México, República Dominicana, Costa Rica, e recentemente, en Gran Bretaña, Alemaña, Francia, España, Arxentina, Malaisia, Israel, Finlandia, Suíza e Moldavia.
É membro-fundador da Asociación Brasileira de Organistas. Así mesmo, é membro da Asociación Aristide Cavaillé-Coll de Paris e da Sociedade Brasileira de Música Contemporánea.
Faleceu en Xuño do 2011.
Cesar Franck (Lieja, Bélxica, 1822 – París, 1890).
Compositor, organista e pedagogo belga, naturalizado francés. Ocupa un lugar privilexiado na historia da música non só polo valor incuestionable da súa produción, senón, sobre todo, pola súa decisiva influencia en toda unha xeración de compositores. Profesor de órgano no Conservatorio de París dende 1872, tivo como alumnos os músicos que constituíron o núcleo da moderna escola instrumental francesa, entre eles Vincent d’Indy, Ernest Chausson, Henri Duparc e Louis Vierne.
Neno prodixio, Franck dérase a coñecer a idade temperá na súa Bélxica natal como organista e pianista. Alumno do Conservatorio de París dende 1837, nesta institución descubriu a música de J. S. Bach, determinante na súa obra posterior. Establecido na capital gala de xeito definitivo dende 1843, en 1858 foi nomeado organista da igrexa de Santa Clotilde, cargo no que permaneceu ata a súa morte.
Na súa música, Franck fai gala dunha linguaxe harmónica de acentuado cromatismo que, aínda que remite a Wagner e Liszt, ten a súa verdadeira orixe en Bach, ao igual que o seu cultivo do contrapunto.
Pastoral
Ten un tema rudo e tenro á vez. De estrutura ABA comeza cun andantino que imita á danza pastoril francesa. Periodicamente hai unha coral harmonizada a catro voces que lle dá un aire relixioso. Na parte central, realiza unha modulación a do#menor que camiña cara a un allegretto en la menor. Despois dun recitativo introduce unha alegre toccatina con acordes en stacatto. Vacilante entre os tons maior e menor, regresa á tonalidade principal en Mi maior.
Coral nº 3 ( La menor)
Ao final da súa vida, Franck compuxo as tres corais para órgano que marcan un período no que Franck, rodeado de ferventes discípulos, consolida unha linguaxe característica no harmónico -a modulación e o cromatismo- e na forma -cíclica- que terá gran repercusión na música francesa de principios do século XX.
A coral n.º 3 consta de tres movementos. O primeiro movemento (quasi allegro) desenvolve dúas ideas opostas: unha toccata con motivos rotos, que ten moito parecido aos compases iniciais do preludio en la menor de Bach para órgano e un coral homorrítmico en valores elementais. A segunda parte é un adagio no que a melodía principal declama unha melodía moi bela e expresiva composta de catro seccións que vacilan entre o modo maior e menor, diatonismo e cromatismo. Na última parte, o tema principal vai buscando a súa verdadeira identidade. Modula do mi menor a Do maior; de re bemol a Re maior pasando por do# a Do maior antes de retomar o ton principal en la menor. É o glorioso final un epílogo onde os dous motivos emparellados, se encadean nunha alegre superposición, ata que unha maxestosa coda culmina nunha impoñente cadencia plagal.